premios, viaxes

Apartamentos Rodeiramar, un bo exemplo de negocio

Alá pola primavera (o 27 de abril) asisitín á primeira edición do Foro de Proturga, un evento que se celebrou no Teatro Principal da cidade do Lérez. O motivo era falar acerca do Turismo Deportivo e a súa capacidade de xerar riqueza. Era sábado, comezaba ás 10:30, duraba todo o día e eu saín cunha viaxe debaixo do brazo!!!

Non mo esperaba. Cando tras unha das ponencias subiron as rapazas de Proturga e sacaron un papeliño dunha saca co número 4 non o podía crer, unha finde para dúas persoas nos Apartamentos Rodeiramar de Cangas!!! Eran 2 noites de hotel + almorzo e unha travesía en barco privado para 2 persoas, pero Fran -o dono dos apartamentos- permitiume facer un pequeno troco no premio, cambiar por 1 noite para catro (grazas!). Tras varias semanas intercambiando correos -e algunha chamada- concretamos facelo a primeiros de xullo.

E aí estabamos, os catro, acojonaitos polo tempo que podía facer. Unha semana antes aínda tiñamos a chaqueta posta e o paraugas na entrada da casa. Pero tras un longo inverno que nos roubou (incluso) unha semana de verán, chegou o día. Saímos tarde de Compostela e chegamos a xantar a Aldán. Sorte tivemos de non ter que esperar para comer no Bar Muelle, unha taberna de porto como Dios manda. “La de Diego”, como se lle coñece, sempre é un acerto, carta curta pero todo riquísimo. Très bien!!!

e todo, após de comer rico, rico

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Na sobremesa aproveitamos para mercar unha sombrilla -a primeira en moitos anos- e pareceunos fantástico, había que ir de guiris total. A pesares de ter que aparcar onde estaba o Prestige (no quinto pino) por mor de que Vigo enteira saíu en tropel cara as praias, chegamos á de Pipín. Que delicia! O primeiro sábado de praia foi unha pasada: crema, toalla, baño, partida, baño, pipas, outra vez baño. E é que non se aguantaba na area. Dos tipitos e tipotes que había alí non vou comentar nada…

Ateogado de barquiños

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Recollimos os bártulos sobre as 8 da tardiña e fomos até Cangas, onde quedaramos con Fran sobre as nove. Pero antes deunos tempo de pasmonear e mirar para a natureza.

Paixón polo verán!

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

«Que majos son!» A verdade é que gran parte do negocio é a súa simpatía, a do matrimonio (porque Merchi tamén ten o seu). Home, ter un hostal a pe de praia tamén axuda… Presentámonos e todo foron facilidades. Ao final acordamos durmir unha noite no Mar de Bering, fondeados fronte a praia de Rodeiramar, pero preparados para aproveitar a noite canguesa.

⛵⛵⛵⛵

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Quixemos picotear algo e cear algún marisco pra celebrar a chegada do verán. Foi o propio Fran quen nos fixo unha ruta de tapas no mapa da III Feira da Tapa “Cangas sabe ben”, que remataba o domingo. E alá fomos, probamos algunha, ceamos nun local un pouco barulleiro e marchamos a unha terraza a tomar uns dixestivos.

O domingo 7  era o día marcado para facer a travesía. Descansáramos a perna solta e ao saír a cuberta vimos o porto deportivo de Cangas. Que bonita imaxe!

Espertarse e ver isto…

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Tras almorzar no Náutico, volvimos para recoller o barco (alguén cantaba «El del medio de Los Chichos…» ) e facer os preparativos -con calma- pois quedáramos ás 12 con Fran.

con sombrela e tudo

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Comezou o paseo comentándonos un pouco a idea que tiña, pois pechara a data para levarnos toda a xornada pola ría. Pero fomos mirando sobre a marcha. Ao pasar a carón da factoría Massó falounos da historia de Cangas, dos fomentadores cataláns, das conserveiras e dos plans do Concello. Nada, todo paralizado! Magoa dalgún proxecto de aproveitamento turístico do patrimonio industrial…

Y querían tirar esto!!! Y q +, oh!

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Continuamos a travesía cara a praia de Barra, onde fondeamos para tomar o sol, bañarnos, comer e bucear, pois tiñamos un par de afeccionados na tripulación. E todo rodeados de moitas embarcacións que decidiron o mesmo que nós, pasar un domingo navegando pola ría.

cheghando a Barra

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

E foi o que fixemos: tomar o sol (tanto que tivemos que resgardarnos do que queimaba), darnos 20 mil chapuzóns para quitarnos a calore, comer un par de empanadas e descansar mentres os Cousteaus gozaban dos tesouros das profundidades. Que leccións nos deron de peixes e outras especies que pululaban por alí, de en que sitios pescar e outras cousas que non memoricei por estar de vacas. Magoa non ter conseguido o permiso para fondear nas Illas Cíes (tardamos moito en decidir o día!), estaban petadas!

snif, snif 😢 xa nn kedaban permisos de fondeo…

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

E así pasamos o día, entre sol e sombra, risas e chapuzóns, e entre cervexas e máis cervexas. En terra, para despedirnos tomamos outra birra con Fran. Preguntámoslle acerca do negocio do aluguer de veleiros. Escoitando a resposta quédoume claro que o premio foi un auténtico regalazo de Proturga.

E ti, sabes como alugar un veleiro nas Rías Baixas? Deixámosvos aquí un vídeo:

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s