restaurantes

Restaurante Calderón

Veño de comer do restaurante Calderón. Fun con Laura Camino e Frenchy Ouviña, e aos cafés uníuse Javier Román, o director do Hotel Gastronómico Casa Rosalía, de Brión. Quedáramos para argallar un asunto do que máis adiante vos falarei. O caso é que escollimos este estabelecemento para volver probar a súa cociña. Nestes dous últimos meses Laura e máis eu tivemos alí a experiencia do #SocialFoodIn, convidados por outros dous bloggers, e queríamos comprobar que o que alí se nos vendeu era certo… e abofé que o é, pois volveu ser impresionante.

A “experiencia gastronómica” de Siro González -como a el lle gusta chamala- ten un custe de 15 euros (sen bebida) e consta dun entrante, un primeiro, un prato forte e unha sobremesa. Este mal chamado menú do día o rebautizamos alí como experiencia gastrorgásmica!!!

Frenchy nos fixo un resumo de que -entre verbas- alí catamos. Desta vez tocounos pagar, e encantados quedamos. Todo delicioso (mmmmhhhh!). Senón preguntádelle a Laura!!

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s