eventos, paparotas

Por un campionato galego de tapas xa!

A ninguén se lle ocorreu crear un campionato galego de tapas??? Seguro que si, pero alguén propuxo un proxecto serio?

  • Non sei a que espera a Xunta!
  • Non sei a que espera a Secretaría de Turismo! Naaaavaaaa!
  • Non sei a que esperan as asociacións de hostelaría de toda Galiza!
  • Non sei a que esperan as asociacións gastronómicas!
  • Non sei a que esperan os novos influencers, bloggers gastronómicos, tuiteros e demáis xente!
  • Non sei a que esperan os patrocinadores, distribuidores, adegas, denominacións de orixe, etc.!
  • Non sei a que esperan todos xornais locais que temos!

Coa moda da gastronomía, a proliferación de concursos de tapas por todas as esquinas (son as novas feiras medievais), a aparición de revistas de gastronomía, a nova xeración de bloggers e demáis artistas das 2.0… ninguén aportou nada para que a nivel galego se poda facer algo? Joder, se até a Coca-Cola fai o seu propio: Destapa GaliciaEu llo comentara ao que fora Director Xeral de Turismo, don Rubén C. Lois, cando traballara no Plan de Excelencia Turística de Lugo e me tocara estar na organización da II edición, pero non lle parecera boa idea.

Agora ben, digo eu que cun par de feiras relacionadas co sector, unha de turismo (Turexpo) e un salón gastronómico (Xantar), non se podería chamar a todos os gañadores dos concursos de pinchos e tapas que houbo por todas as vilas e concellos de Galiza en 2013 e xuntalos para que durante 3-4 días as cociñen en Silleda ou Ourense? Xa só cos gañadores das distintas modalidades nas cidades habería boa competencia…

Concurso_Pinchos_Ourense_primavera

1. Ourense [Sabores de Ourense (ed. primavera), 6-19/05]:

  • Restaurante Monterrey (xurado popular)
  • Acio (xurado da prensa)
  • Acio (xurado profesional)

Concurso_Tapeate_Ferrol

2. Ferrol [Tapéate Ferrol (ed. primavera), 1-24/03]

  • O Camiño Inglés (xurado de expertos)

  • Mesón Mateo (xurado popular)

Concurso_Tapas_Picadillo_Coruña

3. A Coruña [Concurso de tapas Picadillo, 13-29/09]:

  • A Cancela (premio Picadillo ciudad de A Coruña)
  • Taberna Gaioso (tapa tradicional)
  • Alma Negra (tapa creativa)

Concurso_Tapas_Lugo

4. Lugo [Concurso de tapas de Lugo, 13-30/09]:

  • La Encina (premio do público)
  • Paprica (tapa con productos ecológicos)
  • Casa d’Auga (tapa elaborada con queixo do Cebreiro)

Concurso_Tapas_Vigo_Vello

5. Vigo [Concurso de Tapas de Vigo Vello, 5-27/10]

  •  A Regueifa (mellor tapa)

1b. Ourense [Sabores de Ourense (ed. outono), 4-17/11]:

  • Restaurante Monterrey (xurado popular)
  • Estación de Loman (xurado da prensa)
  • Hotel Carrís (xurado profesional)

Concurso_Tapas_Santiago

6. Santiago de Compostela [VI Santiago (é)tapas, 7-24/11]

  • Susos (tapa do público)
  • O Ferro (premio (é)xcelente’13)
  • Manso (tapa con conserva)
  • A Tafona (premio do xurado)

2b. Ferrol [Tapéate Ferrol (ed. outono) 28/11 – 08/12]

  • O Camiño do Inglés (xurado de expertos)
  • O Camiño do Inglés (xurado popular)

5b. Vigo [Concurso de Tapas do Calvario, 20/11-8/12]

  • Vinoteca d’encantador (mellor tapa)

Concurso_Ponte_de_tapas

7. Pontevedra [Ponte de Tapas, 29/11 – 08/12]

  • Loaira (tapa creativa, xurado profesional)
  • Taberna centola (tapa tradicional, xurado profesional)
  • PTV (cócteles, xurado profesional).
  • Aleph (tapas, xurado popular)
  • Bar Chirala (cócteles, xurado popular)

Isto só contando coas cidades, pero é que xa na comarca de Sárria -no que vai de outono- xa houbo xa 3: Sarria, Samos e Triacastela. Pero se queremos enredar, poderíase facer a semifinal (selección) nun sitio e a finalísima no outro.

Pero tampouco queramos enganar a ninguén, non estamos en Valladolid. Estes certames poden ser un reclamo para o turista que xa está en destino, pero polo momento non é motivo principal para visitar Galiza. De cara a un futuro, por exemplo, si estaría ben que -polo menos- nas cidades non coincidisen en datas, ou polo menos non durante todos os días. Se queremos que isto acabe desnivelando a balanza á hora de escoller o noso País para viaxar temos que coidar primeiramente do mercado local, o galego.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s