lugares, viaxes

Luismas por el Mundo

Alá polo mes de novembro recibín o “encargo” -máis ben foi un reto- da miña amiga Isabel Chousa de participar nunha cadea de Instagram, unha das redes sociais baseadas nas fotografías. O #ShotChallange -que así se chamaba- consistía en colgar 5 fotos durante 5 días, é dicir, unha cada día. Temática? libre, e polo tanto escollín facela dalgunhas viaxes que fixen polo Mundo adiante e escollín a etiqueta #luismasporelmundo.

A primeira foto que puxen foi da viaxe a România que en 2008 fixera con algúns membros da Asociación de Amigos del Camino de Santiago de la Comunidad Valenciana. Fora unha viaxe encríbel, onde 11 desalmados viaxáramos polo norte dun país en obras recentemente integrado na Unión Europea e ao que lle estaban entrando os cartos para a renovación das infraestruturas do país, igual que naquela España de finais dos 1980. Once desalmados nun microbús de 15 prazas cun condutor húngaro que malamente entendía o inglés!!! (aínda recordo o que lle pisaba o xoven Laszlo…). Unha das primeiras paradas fora en Săpânța (Maramureș), onde alucinamos co seu Cimitiru Vesel [Cemiterio Alegre], un camposanto colorista onde os mortos eran recriminados polos veciños e familia na súa propia lápida.

Como o “xogo” consistía en subir unha foto e retar a un amigo, quixen comezar forte, por un compañeiro desta viaxe aos Balcáns, o colega e fotógrafo Iago RV 😦 O meu gozo nunha poza, por H ou por B, non o puido facer.

O segundo día colguei unha curiosa foto da viaxe a Sardegna, en 2009. A Grotta di Nettuno [Gruta de Neptuno], en Capo Caccia (Algher), é un dos puntos máis visitados do norte da illa. Un lugar recóndito ao que hai que ir, pois está a máis de media hora da cidade, pero é que unha vez chegado tes que baixar escaleiras durante máis dun cuarto de hora… para logo subilas.

Neste caso quixen retar a unha ex-compañeira do instituto, fotógrafa profesional emigrada polas irlandas… pero nada, que Graciela tampouco!

A terceira tamén tivo o seu aquel: a viaxe a Terra Santa (2011) que realicei cun grupo de galegos guiados polo Padre Paco, un franciscano que custodia en Compostela o Fogar de Espiritualidade de San Francisco. Ademais de percorrer todos os lugares santos do cristianismo en Palestina, tamén visitáramos algún dos máis importantes do xudaismo. Pero na viaxe desde a Jerusalem até Tiberias fixemos una parada no Yam Hamelaj [Mar Morto] para darnos un baño (joder, como flotamos e como pican os ollos!!!) e botarnos os seus lodos.

E me dixen “coño, escolle alguén que se mova moito nas redes!!!”, pero o compañeiro de Facultade e de críticas, Emilio Cuíñas, seguíu coa mesma liña dos anteriores…

A cuarta foto tamén me trouxo bos recordos: a miña primeira viaxe a Porto na Semana Santa de 2010. E foi difícil escoller a postal: o Porto Velho, o Elevador dos Guindais, a Fundação de Serralves, a Librería Lello e Irmãoa, o novo estadio do Boavista, o ambiente nocturno dos restaurants da Foz do Douro, os pastelinhos e francesinhas, para finalmente quedarme coa a Casa da Música do arquitecto nerlandés Rem Koolhaas. No seu interior xoga cos espazos e coas formas, e nós tamén (e agradecido que ao seu fillo lle gustase a foto).

Logrei convencer a Jorge Vicente, outro compañeiro xeógrafo. Podedes ver como superou o reto no seu perfil de Instagram.

E para rematar, unha instantánea da miña viaxe a Suisse (2010): o Château de Chillon [Castelo de Chillón] desde a outro carril da autovía, pois a entrada ao recindo era -segundo recordo- algo complicada. Como podedes observar, lembra un pouco aos Exin Castillos que tiñamos nos 1980 (que gran década!!!).

Aaaahhh!!! Châteaux de Chillon, dans Veytoux (Vaud, Suisse)

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

E rematei retando a unha compañeira de travesía, Natasha, que me acompañara na “peregrinación” do MIR. Obviamente, na Russia non deben molar estas cadeas…

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s