eventos, formación

The Net Room, o proxecto que me tivese gustado idear!

Pois si, envexa é o que sinto, envexa, pero da sana. Que unha amiga “se saque de la manga” (é unha expresión, entendo que hai moitas horas detrás) este nova concepción para a formación os que a coñecemos algo nos sintamos orgullosos. Pois iso, Laura Camino, a quen coñecín por teléfono cando buscaba unha asistente a un #SocialFood e que lle gustara comer e tuitear ao mesmo tempo, xunto con María Mosquera tiveron unha brillante idea.

Pues eso: #TheNetRoom 😉

A post shared by The Net Room (@thenetroom) on

The Net Room, como di na súa web, «é un innovador concepto de evento formativo en tendencias online, que se celebra nas habitacións dun hotel, con tres pezas fundamentais: room learning, consulta exprés e update & networking». O vindeiro venres 7 de febreiro terá lugar a primeira sesión deste evento, a priori apaixoante. E a primeira master class (16:30 horas) será a cargo de Pedro Serrahima (director xeral de Pepephone), quen nos falará de “Márqueting Low Cost” seguindo o exemplo da súa compañía. O gurú desta pequena compañía de telefonía virtual (só ten 12 traballadores) ven de facturar 53 millóns de euros ao ano e ter uns beneficios de 7 millóns. «Como? Non hai estratexia» di.

Tras un coffee break (ás 18:15) María Mosquera, unha das organizadoras xunto con Laura, falará de “Ferramentas do Márqueting Low Cost”. E despois (ás 19 horas) asesoramento exprés por parte dos dous poñentes aos 40 asistentes. Pero isto non é todo, o formato é completamente diferente ao existente até o momento. Vexamos…

Roomer: tienes cita de asesoramiento exprés? Aquí será 🙂 #TheNetRoom @mourehotel

A post shared by The Net Room (@thenetroom) on

Conferencias maxistrais cara a cara cos asistentes. Lugar? as habitacións dun hotel contemporáneo, neste caso o remozado Hotel Moure. Pero como? nin atrís nin butacas, o teu asento será un coxíns que ademais serverá de chave de entrada ao evento. E o asesoramento? personalizado, 10 minutos para unha conversa co poñente para resolver dúbidas. Networking? espazo de encontro informal para te relacionar co resto de asistentes mentres se toma un pica-pica.

E todo isto aderezado con apartados gastronómicos nos short-breaks e os espazos Tapas&Wine. Non puideron escoller mellor compañía (ou si, pero esta está ben dabondo!). Os petiscos correrán a cargo de Corte de Muar, Conservas Artemar e mermeladas Solal, todo isto regado polo novidoso Nice to Meet You, recentemente presentado por Ramón Blanco, director de Bodegas CastroBrey.

Parabéns e folgos para este debut! Alí estaremos.

Anuncios
Estándar

2 thoughts on “The Net Room, o proxecto que me tivese gustado idear!

  1. Pingback: Os encantos da Ulla no tempo do Entroido | dcosas

  2. Pingback: The Net Room en los medios ~ session#1 | room learning · update&networking session

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s