eventos, fotopaparotas

Óscar de Toro no Fórum Gastronómico

Fun pero non fotografei. Fun até o Fórum Gastronómico de A Coruña porque tiña un pase para os 3 días e quería saber que tal estaba a versión galega deste evento catalán após de 4 anos. Durante a miña estadía en México fun a outros eventos gastronómicos, pero recordaba con gran agarimo a edición de 2010 en Compostela, na que diluviou mentres Ferrán Adrià anunciou que o deixaba (El Bulli). Mais para feira de verdade a de 2011, en Girona. Aquela era outra cousa: máis profesional, máis comercial, máis ventas. En Galiza tiña a lembranza do Fórum Cidade, do esforzo de Trevisani e Turismo de Santiago por organizar actividades para a poboación local, pero o que é a Feira… non había “sector” todavía, non a demandaban.

O televisivo e guapo Jordi Cruz dando aulas maxisttais no @forumcoruna

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Un dos momentos estrela -após da fotaza que lle fixo Xurxo Lobato con Mariña- era a ponencia aberta ao público do televisivo Jordi Cruz. Cunha sala ateigada, o cociñeiro do ABaC, L’Angle e o Ten’s e xurado do programa MasterChef fixo un show-cooking que deixou a todos, e todas, abraiados… máis ou menos.

Sen dúbida un dos mellores cafés da cidade #aloshechosmerepito @oscar_de_toro

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Pero ademais de pasear por ExpoCoruña, mirar os stands, as novidades, catar os viños e os vermús (menudas vestimentas por Diós!) e atopar a moito coñecido da blogosfera, un dos meus obxectivos era o obradoiro de Óscar de Toro, do Café Venecia de Compostela. Si, un barista e showman, pero que barista, e que showman!! E cociña con café!!!! Para quedar coa boca aberta, verdá? Pois o maestro Óscar comezou o seu tempo charlando de café, de variedades, de usos e púxose mans á faena.

Para comezar fíxonos unha “tosta de vaca vella marinada con café”, un carpaccio de vaca maior infusionado 11 horas en café de Etiopía, sobre unha tosta de Pan da Moa, con aceite Arbequina e queixo de Arzúa curado. Toma xá!! ¿Como te has quedao? Coma nós, flipping in the air.

E mentres pasaban a proba aos asistentes algún “gracioso” fíxome un roubado. Aí me teñen, pillado in fraganti por Manuel Bustabad. #Enverdeatender, ains!

E pasamos ao “peixe marinado con coulis de café e xenxibre”. Tamén saboroso, pero menos. Desta volta o café ocultaba demasiado o sabor do peixe. Ao mellor marinar 7 horas é moito, ou o propio sabor do “Guatemala Acuatenango”. Óscar saberá…

E para rematar unha “escuma de capuchino con sésamo” con café Brasil. Un bo chupito para rematar a demo. Tres texturas diferentes, tres sabores distintos, cun denominador común, o café! A Loly Llano seica saltáronselle as bágoas.

Na quenda de preguntas Óscar que baixou do escenario, mesturouse co público e preguntou cal era o bocado máis logrado. E preguntoume a min. Coma sempre, a contracorrente do que estaban a dicir os que interviron antes ca min, dixen a primeira, pois a mestura -para o meu gusto- estaba moi lograda: carne con aroma de café, que transpiraba correctamente e sen quitarlle sabor. E seica acertei, pois un cociñeiro de renome coma Kike Piñeiro estaba na mesma. E para encherme de «orgullo y satisfacción», o propio Óscar tamén o dixo, jeje! 😉

Opinando sobre la cocina con café el gran @FranKikePineiro @oscar_de_toro

A post shared by Manuel Bustabad (@manuelbustabad) on

O Fórum continuou 2 días máis, ata o martes, e por alí pasou do mellor de cada casa. Aulas maxistrais, catas, concursos e máis ponencia. De feito, un pouco máis tarde escollerían a Diego López, do Restaurante La Molinera de Lalín, como “Mellor Cociñeiro do Ano“. Pero eu quedaría para ir probar os pinchos do Fórum Tapas e pa’casa.

@moli_potas cocinero del año en #forumcoruña oleeee!!

A post shared by lolyllano (@lolyllano) on

De todos os xeitos recomendo visitar as crónicas dalgún colegas de ocio, como Rubén Amorín e Jorge Guitián, ou visitar os perfís de Instagram de moitos dos asistentes (Xosé Manuel García, Loly Llano, Manuel BustabadJorge GuitiánRubén Amorín, Carmen Albo, Mercedes Blanco, Alberto RibasMarta Valcarce, Sandra Novo) e darlle ao scroll para ollar todo o que fotografaron.

Anuncios
Estándar

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s