eventos, paparotas

Outra vez por Melide, esta vez de tapas

Convidáronme a formar parte dun xurado o xoves 22 de maio, xunto con Vera, Alberto e Frenchy. E como esa tarde de outono (si, en pleno mes de maio) non tiña nada mellor que facer dixen que si. A verdade que foi unha experiencia para lembrar, pois menuda noitiña nos deixou a metereoloxía. E se a iso lle sumamos que o acceso desde Lugo non é ningunha marabela… pois cheguei tarde xunta meus compis de ruta.

Quedamos na Docería Estilo, onde Alberto Rodríguez -como representante dos locais do casco vello de Melide– esperábanos para indicarnos o percorrido que faríamos e darnos o material (mapa co roteiro, listaxe de tapas e follas de puntuación). Aproveitando que estabamos alí xa probamos as súas navallas enlatadas, moi ricas a verdade.

Ao ser unha vila do interior eu imaxinaba que moitos deles basearíanse na carne, en parte porque a tapa durante estas dúas semanas de concurso tiña un custe de 1 euro -consumición aparte- e no escandallo tiña que saír rentábel, ou iso querían conseguir os locais. Pero tamén é certo que, ademais de pasar o Camiño Francés, Melide é coñecida polos queixos e pola preparación do polbo. E así foi, tras ir probando varias tapas de carne chegamos ao Liñares, onde nos puxeron unha tapa de polbo guisado con ameixas e gambas (mágoa que non estivera feita no momento… aínda que grazas por avisar!!).

Máis #pulpofiction desta vez en #MelideVello no Liñares

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

A verdade é que o nivel medio estaba bastante ben, houbo algunha exquisitez pero tamén algún que non se preocupou. Os obxectivos diferentes de cada local aparecen reflectidos na proposta que ofreceron, e houbo quen se esforzou por competir e quen só quere facer caixa cos clientes que pasan. Hai que ter en conta que había premios e que cada consumidor/participante pedía unha bebida e unha tapa, ou sexa, 2 euros como mínimo para a caixa.

Outra cousa que diferencian as tapas nalgunhas vilas de interior dos pinchos das cidades (téndese a mesturar termos) é o tamaño. En moitos casos vimos que nos servían un prato -de postre- para colocar unha cantidade importante de comida, co pequeno agravante que algún establecemento enchía ese fondo do prato cunha salsa. Noutra concurso me dixeran que como no día a día pola tapa non cobran, ao cobrar un euros víanse “forzados” a incrementar o tamaño para evitar a queixa dalgúns clientes.

Os que competiron de verdade déronse conta que dinamizar o consumo local era unha prioridade, sen rexeitar -nin moito menos- que se achegara xente de Compostela, Lugo, Ourense ou A Coruña. Así, sendo unha vila e tendo o boca a boca como principal medio de difusión, ademais das redes sociais e os medios tradicionais (prensa e radio), conseguiron un número moi alto de tapas vendidas a primeira semana de concurso. Iso si, había certos bares que concentraban ese éxito das 3.000 tapas e outros vían como a clientela pasaba de longo por diante da porta.

Como conclusión podemos dicir que Melide é un bo lugar para ir de tapeo, máis alá da organización desta ruta. Hai moitos locais, bos e variados. E está a menos dunha hora de Compostela ou de Lugo, as cidades máis cercanas onde o tapeo é un hábito social.

De Camiño a Sarria, unha paradiña para mercar algo "rico, rico" @manu_garea

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Tras pernoctar na zona (menuda noite facía para coller o auto!!!) e descansar, ao día seguinte non quixen deixar de visitar ao meu amigo Manuel Garea e mercar algo “rico, rico” de recordo para a familia.

Anuncios
Estándar
paparotas, restaurantes

Nova degustación gastronómica no #BacalaoRosalia

Había curiosidade por saber que pasaría, se o evento sairía ben ou non, se sería moi repetitivo ou que. Pero a verdade é que Javier Román xa lle pillou o tranquillo a isto de organizar eventos con xente das redes. Primeiro foi o xa afamado #CazaRosalia e logo a participación no #CocidoDay. Coser e cantar.

Esperando para amasar…

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Pero para poñer espectativas altas, o anfitrión sacouse da chistera un par de cousiñas… ou tres. A primeira foi que, coincidindo co Día Nacional de Portugal -e sendo as Xornadas do Bacalao– convidou ao chef luso (Rui Ribeiro). O que fora a pegada internacional no Día Internacional del Cocido ía preparar unha tapa específica para a cea e rematou facendo un prado: a roupa velha. Saíu tan ben que nos anunciaron que entraría na carta.

Roupa vella de @rukatny_83 #BacalaoRosalia

A post shared by T.C. (@ticiana84) on

Un 2º coello sacado da gorra foi a organización dun obradoiro de empanadas que guiaría Rocío Garrido. E como non, a empanada que faríamos entre Sabela Bernárdez e máis eu (os 2 voluntarios) tiña que ser de bacallau, o resto veña tuitear…

Como estaba coas mans na masa non me quedei ben coas explicacións e trucos que contou Rocío, pero si con que a levadura é un bicho que ao botarlle auga quente ou sal o matas, polo que hai que amasalo directamente na masa. Outro dato interesante é que á hora de amasar, o teu estado de ánimo inflúe, e eu algo estresado debía andar porque non din ligado ben a masa, e iso que acabei con maniotas nos dedos. A pesar de todo o resultado, axudados por Rocío, conseguimos facer unha empanada digna de entrar en menú.

Logo pasamos á cea-degustación das Xornadas de Bacallau. Á mesa xa estabamos todos. Moitas caras coñecidas, algunhas delas repetidas en Casa Rosalía (para comezar eu), e outras novas como Sabela Bernárdez, do blog “Coge la comida y corre”, Tania Carreira, do blog “Hoxe falamos de”, Kike Gª Cerviño (da revista La Alacena Roja) ou Gabriel, da empresa de turismo náutico Amare Turismo, ademáis do chef convidado (Rui Ribeiro) e o fotógrado Nelson Vaz, ambos chegados do norte de Portugal. Unha curiosidade, os que si repetimos tamén repetimos sitio.

#BacalaoRosalia @rociococina @alvientooo @luismaulloa77 @amare empieza la #cena

A post shared by Faz & Come (@fazecome) on

O menú, como veredes, foi moi escaso..

APERITIVOS
Albóndigas de Bacallau en salsa de champiñóns
Pementos do piquillo recheos de Bacallau
Roupa velha, prato especial do chef convidado
PRIMEIRO PRATO
Arroz caldoso de Bacallau e espinacas
SEGUNDO PRATO (a escoller)
Bacallu gratinado ao forno con verduras
Bacallau á brasa
Bacallau ao forno con salsa de albariño

As albóndigas, como diría Leo Harlem «bien trabajada», causou furor pola banda de Laíño; estaban realmente boas. Os pementos tamén, sobre todo a bechamel, coa que varios fixemos barquiños. E para rematar tan só cos entrantes, chegou A NOSA EMPANADA. E que imos decir dela, verdade? Pois si direi, non sobrou ningún trozo, e iso que quedaban 2 pratazos…

A nosa empanada!!! Agora vos dicimos #bacalaorosalia

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Entre os entrantes e o prato principal nos colaron un Arroz de Bacallau. Tan só mirade a paellera.

Sarandonga, quichibiri quichibiri!!

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

No segundo eu tireime ao Bacallau á brasa, para que puidéramos fotografar as tres opcións que había para escoller. Pero tal e como dixera Javier, o que máis acostuma pedir a xente é o Bacallau gratinado con verduras (na foto de abaixo). Os veciños portugueses pediron o Bacallau ao forno, e seica estaba tamén no seu punto.

#bacalaorosalia

A post shared by MaisGrelos By Alvientooo (@maisgrelos) on

Non vou falar de que tal o pasamos, das risas que botamos, dos recordos de “ordacaza”, da paixón que lle está a botar Frenchy Ouviña no concurso de Turgalicia de quen recomenda mellor Galiza ou da última das sorpresas que nos tiñan preparada: o barista Nacho Costoya veu para amenizarnos a sobremesa cos seus copazos especiais. A súa chegada deu pe a Xosé Manuel García para “coller o micro” e deleitarnos durante media hora sobre as historias conxuntas que compartiran hai uns 20 anos na recén inaugurada Cidade de Vacacións do Monte do Gozo.

Lembrade, en definitiva, que Casa Rosalía é o teu restaurante para comer bacalao en Santiago. No menú das xornadas ofrécense dez pratos diferentes:

  • Albóndigas de Bacalao con salsa de champiñones
  • Revuelto de Bacalao y Espinacas
  • Pimientos del Piquillo rellenos de Bacalao
  • Roupa Vella (nova aportación)
  • Bacalao a la Brasa
  • Bacalao a la Portuguesa
  • Bacalao a la Braçarense
  • Bacalao Gratinado con Verduritas
  • Bacalao a la Parrilla con Alioli de Azafrán
  • Arroz Caldoso con Bacalao y Verduritas (mínimo 2 personas)

E para despedirmos, como non podía ser de outro xeito, un #avistamientoUFO made in, o de sempre, e onde logramos por fin que Frenchy mirase para os marcianos que nos sacaron a foto:

Estándar
paparotas, restaurantes

A nova despensa do Santiso

Era só unha cea de amigos, e como tal avisaron a última hora, ou a penúltima. Xosé Manuel García, presentador da programa “Come e fala” da Radio Galega quería xuntar aos amigos un luns (cousas da hostalaría) de inverno para cear. O motivo? a celebración do exitazo en cotas de audiencia do programa “Comes ou Pagas?” da Telegaita. E aceptei, obviously, como o día que me convidaron á presentación alá a mediados do mes de decembro.

O argumento do programa era que unha persoa retaba a comer ao presentador algo “difícil de tragar”, algo que -fór por cantidade ou rareza- houbera que pensalo dúas veces, algo que calquer padal non. É dicir, un auténtico reto para os comensais. A finalidade, que se non o rematas, se non podes pola razón que fór, pagas!

O lugar escollido era O Fogar do Santiso, uns grandes amigos de Xosé Manuel, da produtora Elemental Chefs e do equipo de Aleuto Medios Dixitais, dirixidos por Antón Veiga. E alá fomos no coche de Alvientooo, acompañados da sempre elegante Mariña Bello e recollendo ao sempre despistado Frenchy Ouviña.

E após da espera, dunhas cañas falando con Xavi e lembrando cousas cun vello amigo, Xosé Ramón Novoa (joder, como pasa o tempo!!! fai xa máis de 10 anos que o coñecín), a comerrrr!!! Na mesa senteime na mesa con Javi e a capitana do Colectivo SCQ, Eva Pizarro, con Andrés e Ivana (de Osushi, de Vigo), con Antón (o produtor), con Mariña e con Fidel.

Rico rico en @o_santiso

A post shared by O Bandullo (@obandullo) on

Probamos cousas novas, cousas diferentes ás que tiña fai uns anos. Unha evolución daquel proxecto que nacera en 1996 e que o boca-orella tanta publicidade lle dera. Teño que dicir que facía tempo que non ía, creo que desde 2010, cando o musicólogo e amigo Xavier Valiño organizara no garaxe da súa casa un Live in the living.

Aquí un resumo da cea-degustación, un collage montado por Xavi Presas que amosa todo o que probamos e gozamos. Quero dicir que nonótase o traballo artesanal, gústalles pór en valor a tradición rural e labrega, e a cultura galega. Agora ofertan unha alimentación máis saudábel, desenvolvendo o consumo responsábel en prol do ecolóxico, local e autóctono. Abastécense coa produción ecolóxica das hortas propias e teñen un compromiso ambiental moi marcado, un compromiso que se ve na súa política de RSC, que cumpren con rixidez. Pero disto mellor ler as crónicas dalgún colega, que en breves terá a ocasión de voltar para facer un pequeno #BlogTrip e lle expliquen todo o proxecto.

En fin, unha cea que deu para moito debate, moitas risas e moitas discusións (aaaiii, ese Fórum que se escapou!!!) e que remataría co clásico #avistamentoUFO que tan de moda puxo o propio Xosé Manuel. Por favor, déjenseme de caralladas de #selfies!!!

Estándar
paparotas, restaurantes

O primeiro cocido do ano… en #CocidoTrip

Que onde #ComerUnBuenCocido ? Pois en Lalín, berce das fastuosidades culinarias en canto a este prato se refire. Tanto é así que o primeiro grande gastrónomo que deron estas terras, Álvaro Cunqueiro, leva o nome do premio xornalístico que se celebra cada ano con motivo da Gala do Cocido. Pero é que en Lalín, terra de porcos (como Vilalba ou Sárria, pola cantidades de cabezas que teñen censadas), todo xira en torno a este animal, do que todo se come:

  • a Feira do Cocido, Festa de Interese Turístico Nacional (aspira a conseguir a declaración internacional en 2016), que este ano se celebra a súa 46ª edición o domingo 23.
  • o 16º Mes do Cocido, que antecede á Feira e no que participan 24 de restaurantes da vila.
  • a Gala do Cocido, retransmitida en directo pola TVG, e onde se fan entrega dos XX Premios de Gastronomía de Galicia, entre os que destaca o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”.
  • e antes había o Lalín Pork Art.

Pero faltáballe algo, e o que faltaba era un BlogTrip, ou coma lle queiran chamar. Desde a iniciativa persoal, Xavier Presas logrou convocar a grande parte da comunidade virtual para xantar un #boCocido. E este ano o seu #CocidoTrip celebra a súa segunda edición.

Tras o exitazo manifesto do ano pasado (ver este ligazón), #CocidoTrip repite con novas incorporacións -coma a miña- e con vellos coñecidos. Eu o ano pasado estaba recén chegado de México, e non tiña nin constancia del, pero a coincidencia co organizador nun par de eventos este outono (o #SocialFoodIn do Restaurante Calderón e o #CazaRosalía) e con outra moi boa xente, abríronme as portas do apaixoante mundo blogger.

A verdade é que o espero con inquedanza, tras todos os comentarios que foi suscitando. A ver como se porta Diego López (do Restaurante La Molinera), se quere que o votemos a mellor cociñeiro galego do ano no concurso convocado polo Fórum Gastronómico de A Coruña. Dicir din que se come moi ben, que Diego lle da ese toque de frescura e de modernidade a un restaurante familiar; unha formación só obtida na compaña dos mellores.

Comprobareino con esta cuchipandi 2.0 (algúns, vellos coñecidos, como Alberto Ribas, Mariña Bello, Laura Camino o Frenchi Ouviña)  e contarémovolo, as redes serán as nosas testemuñas. 😉

Estándar
eventos, paparotas

Por un campionato galego de tapas xa!

A ninguén se lle ocorreu crear un campionato galego de tapas??? Seguro que si, pero alguén propuxo un proxecto serio?

  • Non sei a que espera a Xunta!
  • Non sei a que espera a Secretaría de Turismo! Naaaavaaaa!
  • Non sei a que esperan as asociacións de hostelaría de toda Galiza!
  • Non sei a que esperan as asociacións gastronómicas!
  • Non sei a que esperan os novos influencers, bloggers gastronómicos, tuiteros e demáis xente!
  • Non sei a que esperan os patrocinadores, distribuidores, adegas, denominacións de orixe, etc.!
  • Non sei a que esperan todos xornais locais que temos!

Coa moda da gastronomía, a proliferación de concursos de tapas por todas as esquinas (son as novas feiras medievais), a aparición de revistas de gastronomía, a nova xeración de bloggers e demáis artistas das 2.0… ninguén aportou nada para que a nivel galego se poda facer algo? Joder, se até a Coca-Cola fai o seu propio: Destapa GaliciaEu llo comentara ao que fora Director Xeral de Turismo, don Rubén C. Lois, cando traballara no Plan de Excelencia Turística de Lugo e me tocara estar na organización da II edición, pero non lle parecera boa idea.

Agora ben, digo eu que cun par de feiras relacionadas co sector, unha de turismo (Turexpo) e un salón gastronómico (Xantar), non se podería chamar a todos os gañadores dos concursos de pinchos e tapas que houbo por todas as vilas e concellos de Galiza en 2013 e xuntalos para que durante 3-4 días as cociñen en Silleda ou Ourense? Xa só cos gañadores das distintas modalidades nas cidades habería boa competencia…

Concurso_Pinchos_Ourense_primavera

1. Ourense [Sabores de Ourense (ed. primavera), 6-19/05]:

  • Restaurante Monterrey (xurado popular)
  • Acio (xurado da prensa)
  • Acio (xurado profesional)

Concurso_Tapeate_Ferrol

2. Ferrol [Tapéate Ferrol (ed. primavera), 1-24/03]

  • O Camiño Inglés (xurado de expertos)

  • Mesón Mateo (xurado popular)

Concurso_Tapas_Picadillo_Coruña

3. A Coruña [Concurso de tapas Picadillo, 13-29/09]:

  • A Cancela (premio Picadillo ciudad de A Coruña)
  • Taberna Gaioso (tapa tradicional)
  • Alma Negra (tapa creativa)

Concurso_Tapas_Lugo

4. Lugo [Concurso de tapas de Lugo, 13-30/09]:

  • La Encina (premio do público)
  • Paprica (tapa con productos ecológicos)
  • Casa d’Auga (tapa elaborada con queixo do Cebreiro)

Concurso_Tapas_Vigo_Vello

5. Vigo [Concurso de Tapas de Vigo Vello, 5-27/10]

  •  A Regueifa (mellor tapa)

1b. Ourense [Sabores de Ourense (ed. outono), 4-17/11]:

  • Restaurante Monterrey (xurado popular)
  • Estación de Loman (xurado da prensa)
  • Hotel Carrís (xurado profesional)

Concurso_Tapas_Santiago

6. Santiago de Compostela [VI Santiago (é)tapas, 7-24/11]

  • Susos (tapa do público)
  • O Ferro (premio (é)xcelente’13)
  • Manso (tapa con conserva)
  • A Tafona (premio do xurado)

2b. Ferrol [Tapéate Ferrol (ed. outono) 28/11 – 08/12]

  • O Camiño do Inglés (xurado de expertos)
  • O Camiño do Inglés (xurado popular)

5b. Vigo [Concurso de Tapas do Calvario, 20/11-8/12]

  • Vinoteca d’encantador (mellor tapa)

Concurso_Ponte_de_tapas

7. Pontevedra [Ponte de Tapas, 29/11 – 08/12]

  • Loaira (tapa creativa, xurado profesional)
  • Taberna centola (tapa tradicional, xurado profesional)
  • PTV (cócteles, xurado profesional).
  • Aleph (tapas, xurado popular)
  • Bar Chirala (cócteles, xurado popular)

Isto só contando coas cidades, pero é que xa na comarca de Sárria -no que vai de outono- xa houbo xa 3: Sarria, Samos e Triacastela. Pero se queremos enredar, poderíase facer a semifinal (selección) nun sitio e a finalísima no outro.

Pero tampouco queramos enganar a ninguén, non estamos en Valladolid. Estes certames poden ser un reclamo para o turista que xa está en destino, pero polo momento non é motivo principal para visitar Galiza. De cara a un futuro, por exemplo, si estaría ben que -polo menos- nas cidades non coincidisen en datas, ou polo menos non durante todos os días. Se queremos que isto acabe desnivelando a balanza á hora de escoller o noso País para viaxar temos que coidar primeiramente do mercado local, o galego.

Estándar
paparotas, restaurantes

de cornos e toques en #CazaRosalia

A noite prometía. Cheguei cedo ao Hotel Casa Rosalía con Iago Rodríguez (@iagozerozero) para grabar unhas tomas, pois Javier Román -o director- quería facer unha reportaxe aproveitando este evento de presentación de #CazaRosalia. Un documentario que poderíamos resumir algo tal que así:

De noite cuberta e escura. De saudos, presentacións e pitillos na porta. Da lareira acendida, dos pratos con mantel, de Paco, das cámaras… Do comedor, os cubertos e o viño. De diferentes tomas. Do hotel Casa Rosalía, do claustro e os seus comedores, dos exteriores traseiros e do arao común. Dos cuartos. De entrar na cociña e grabar como traballan, de Carlos salteando as verduras e da tele galega.

Esto acaba de empezar… Umm!! #CazaRosalia

A post shared by Xavi Life (@xavi_life) on

De tomarlle algo mentres chega a xente, do primeiro en aparecer (@Jose_Ma_Garcia) e do aluvión. De novos saúdos, das novas presentacións. De apertas cúmprices, de quen se coñecía e quen non. Dun viño ou unha cervexa, da espera, de olivitas e manises. De onde comer caza en Santiago.

Menú jornadas de caza #CazaRosalia en @hotelcasarosalia

A post shared by Frenchy (@frenchygalicia) on

De sentarmos sen orde, de enchufes para cargar, das primeiras fotos. De twitter, de facebook, de Instagram… De wifi, de iPhones, de 3G, de tablets e mini-tablets. Da cámara de vídeo tomando recursos. De todos sentados xa. De comezar a desvirtualizarmos. Do viño, dos tintos e dos mencías. Da benvida do locutor, da contestación do apoio. Dos entrantes, dos primeiros tuits. Dos patés, de lebre e de faisán (cal é cada un?), e de Rubalcaba. Dos embutidos, de cervo e de xabarín, do chourizo e do salchicón, do queixo.

Comezou #CazaRosalia con moita xente interesante. Irémosvos contando!

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

De comentarios varios, de risas, de política, da Xunta. De Turismo, do Grupo Nove, do acto do luns, de Marcelo, dos apoios… Da chegada de Fidel Martín (@fidelmartin) e do primeiro brinde. De que si, de que tes razón, de que ti máis. Doutra copa de viño. De tonterías varias e de momentos de complicidade. Das primeiras tarxetas, do #networking. De pasar a acción. De empanada de xabarín, de cheiros, de repetir, de momento subidón e da vergoña do galego. De 2.0, de SEM, de SEO, de ROI, de e-mail marketing, de estratexias.

De que fago eu e de que fas tí. Ah, si, que interesante? De tantas cousas que se foron dicindo e que non teño tinta para contar. Do primeiro pitillo grupal… e do que tardan en voltar. Mentres, Luis Ulloa crecéndose cuns chistes que marcan época. De xente boquiaberta e do primeiro dos avistamentos.

Desa perdiz, da súa cazadora, de perdigóns incómodos (é broma!). De máis fotos e máis tuits, de followers novos, de RT, de favoritos, de respostas citando. De que Instagram mola e tamén #GaliciaMola. De reservasdecoches.com, de Máis Grelos e de perfiles alternativos. De que que vamos poñendo fondo no estómago. De que o viño marida ben e doutra copa. Do #PantojaTrip. De onde está a casa de baño.

Perdiz a la cazadora. Qué poquito va a durar en el plato 😉 #CazaRosalia

A post shared by Laura (@lauracamino) on

De que vas tomar de segundo. Da brocheta de cervo, do conexo con arroz, do lombo de xabarín… de Obélix. De éxtasis gastrorgásmico, de que rico está todo, de que cada vez vamos millor, de que agora toca tertuliaca, doutro pitillo fóra. Ohhh, outro pitillo? pois toca escribir, tuitear, fotografar e facer composicións.

Das sobremesas, dos flans, das filloas con nata (non sei escribir a onomatopeia do ruido que facemos cando relambemos os beizos). De tráfico en Interné, da azafata, de 400 mil impresións, de ir a polos 500. De “en este punto”, dos cafés, dos acompañamentos, dos licores, dos tres mosqueteros, desas galletiñas (ññññññaaaammmmmm!!!! verdá Laura e Xavi).

Colección de postres en las jornadas de #CazaRosalia en @hotelcasarosalia

A post shared by Frenchy (@frenchygalicia) on

La traca final de la Night #CazaRosalia Magnífica noche en @HotelCasaRosalia

A post shared by Xavi Life (@xavi_life) on

De volta ao servizo, do que tardan algúns, de que máis de tres son… De risas, de voltas, de chamadas telefónicas, de toques, de tocamentos. De máis tertulias, máis risas e máis toques. De que xa superamos os 500 mil. Da aparición estelar de Paco y de sus copas!!!

Do segundo momento #networking, de tarxetas de todos, de tarxetas para todos. Das fichas de zero-zero, de que son as mellores que nunca vin. De que co 2º gin xa non lembro todo, de lagoas e de esquecementos. De Alvientooo oooooohhhh!!! Desa grande media hora (ou iso pareceu) que nos deron José Manuel e Mariña, das badaladas, de fin de ano, da Radio Galega, de cumpreanos, de Lela.

Dos primeiros abandonos (por motivos laborais), de que “nos dieron las dos y las tres”, de máis rollos e máis copas. E máis pitillos, máis baños, máis chistes e máis tertulias. De facer o pinzo, de que vai sendo hora e da foto de familia. Da volta a Compostela. De que hai seis que se manteñen ata o final. Da mellor noite en muito tempo, e da mellor compaña.

Momento #fototuenti homenaje a #paulinarubio en #cazarosalia @casarosalia

A post shared by Jose Manuel Garcia (@jose_ma_garcia) on

E estas son algunhas das miñas lembranzas…

11 final

Os bloggers posando

… que para revivir xa está o vídeo de 00estudio:

+ post:

– Laura Camino (a reporteira máis dicharacheira do barrio Sar, e contorna)

Rocío Garrido (as receitas de toda a vida)

Mariña Bello (analista do turismo e viaxadora)

Alberto Rivas (máis greloooooossss)

o propio hotel

Estándar
paparotas, restaurantes

@pazvence, Siro gana

Enteréime do Calderón Social Food In porque en setembro varios amigos coincidiron (Mariña Bello, Manolo Gago, Alberto Ribas ou Paz Vázquez) nunha actividade gastronómica que non me sonaba. Era a terceira vez que se facía e cando falei con Paz que tal estivera me dixo se quería ir o seguinte mes, que tiña que convidar a alguén. Pasoume o testigo e desde o  Restaurante Calderón se puxeron en contacto conmigo para o martes 22 de outubro pasase polo trance. Grazas, Paz!

O #SocialFoodIn é unha boa idea que planificou o Restaurante Calderón da compostelá Carreira do Conde para conseguir ampliar o seu perfil de cliente, xa avellentado co paso dos anos. Esta e outras promocións, como a colaboración co Blu:Sens Monbús Obradoiro a campaña pasada cun concurso de tiro para conseguir unha cea, son pequenas accións que permiten a Siro González abrirse a todo o púbilo. E nestas, xa estaba montado no coche para ir cara aló.

A verdade é que a noite non acompañaba nadiña. Chovían chuzos, e cando é así, Compostela atáscase sen remedio. Somos veciños cómodos que á minima gota imos ao fácil (coa cantidade de transporte urbano que hai…). O bo é que a min deixáronme diante da porta, o malo era se tiñas que aparcar. A hora marcada para chegar eran ás 21 horas e eu -puntual coma sempre- entrei como se fora cliente de toda a vida e dirixinme cara a barra do fondo porque había un grupiño de xente. De seguido identifiquei a unha das asistentes (Emilia García) e así facilitei a miña inclusión no grupo. Xa estaban degustando un aperitivo: xenebra con tónica ginger e cardamomo.

Aperitivos de la cena #socialfoodin en el restaurante Calderón

A post shared by Xaime Cortizo Photography (@xaimecortizo) on

Ana Castro e David Salgueiro (os rapaces de Galantiqua) facían de anfitrións e xa me puxeron unha copa na man, mentres esperábamos aos que faltaban. Por alí xa andaba Xaime Cortizo, Patxi Movilla e Xavi Presas e mentres facíamos tempo tempo comezaban a aparecer as primeiras tapillas para degustar: queixo bañado en albahaca e unha especie de gabardinas. Era a hora de sacar as nosas mellores armas, os celulares e cámaras fotográficas e comezar a subir info ás redes sociais.

Geñines Romero metendo a pezuña para pillar o… lacóngrelos!!! #CalderonSocialFoodIn

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

E chegaron Adriana Castro e Gelines Romero pingando, e seguían achegándonos máis pinchos. Agora era a quenda do lacongrelos. Pero ían pasando os minutos e faltaba xente, co conseguinte incomodo do persoal. A verdade é que esperar á xente que logo non aparece, e nin avisa, molesta. Eu a considero unha falta de respeto que non merecíamos, nin nós nin ninguén (joder! que te convidaron by the face, neno!).

Aquí está la mesa donde disfrutáremos del #SocialFoodin con una gran compañía

A post shared by Xavi Life (@xavi_life) on

Pero ben, tras o “momento quente” da noite decidimos ir subindo ao comedor para sentarmos a gozar das delicias gastronómicas que o chef nos tiña preparadas. Javi -o camareiro- acompañóunos até un reservado no primeiro andar. No Calderón hai cinco reservados (ademáis dunha terraza interior e un comedor na pranta baixa)e algún ten capacidade para máis de 20 pax. A nós tocóunos o Béla Bartók, na honra dun coñecido compositor húngaro. Ao final, visto que os 3 que faltaban non ían chegar, Ana e David optaron por acompañarnos na cea.

Fomos pasando e sen orde fómonos sentando, pero nun momento Ana Castro dixo “!no, no, no! Nada de sentarse los chicos con los chicos y las chicas“. Tiña razón! E así alternamos como unha cremalleira (chico-chica-chico-chica). Coas “armas” preparadas, tamén tiñamos listas as tarxetas para eses momentos #networking sempre necesarios.

O menú que nos serviron, exquisito (de veras, non é broma!), estaba composto por:

Crema de níscalos

– Pescada confitada con mouse de ajo y xerme de ravo

– Croca con queixo afumado e migas de pastor con chourizo

Crocas con migas del pastor y crema de queso ahumado #socialfoodin

A post shared by Gelines Romero Díaz (@infiernitos) on

O que pretenden desde o Restaurante Calderón é socializar a cociña de autor e dignificar o menú do día, expresión incorrecta para esta auténtica “experiencia gastronómica”. E abofé que o deberían conseguir, pois ter a oportunidade de probar unha proposta semellante de luns a venres (os pratos varían en función dos produtos do Mercado) está ao alcance de moitos bolsillos: só custa 15 € pola semana (iso si, sen bebida).

Xuntar a bloggers -a priori descoñecidos entre si- quere ser un xeito de difundir esta proposta a través das 2.0, chegar a un target que está máis familiarizado coas novas tecnoloxías e quitarse un pouco a imaxe clasicota que tiña este local. E que non se coñezan é un estímulo para intercambiar experiencias de todo tipo (persoais ou empresariais), ter momentos de intercambio de información (e contactos) e crear redes de colaboración. E de feito así foi.

Cremoso de chocolate Valrhona con sopa de almendras #socialfoodin

A post shared by Xaime Cortizo Photography (@xaimecortizo) on

Entre pratos, sobremesa (riquísimo Cremoso de chocolate Valrhona con salsa de almendra) e cafés foron xurdindo conversas interesante:

– Coñecimos que Xaime Cortizo é un fotógrafo creativo que lle gusta a música clásica e explicounos que no verán estivo na organización do festival As notas do pemento.

– A Gelines Romero, por exemplo, gústalle ler, viaxar, o ximnasio e a esgrima; profesionalmente está en AJE Coruña e é socia de Más Valor, empresa coa que organiza o vindeiro venres 8 de novembro Feelingbrands, a 1ª Conferencia Internacional da experiencia do cliente.

– Tamén soupemos que Xavi Presas está metido a fondo no mundo dos social media e que este ano argallara o exitoso encontro @CocidoTrip.

Ana Castro é tasadora de arte e nos contou a problemática da Colección da Fundación Caixanova para seren considerada BIC.

– Que David Salgueiro fora xogador de balonmán no histórico Teucro pontevedrés, e agora mata o gusanillo do deporte como cámara no “En Xogo” (coa Liga das cidades) da galega, entre outras actividades.

Patxi Movilla veu nove desde Euskadi e agora ven de abrir unha tenda delicatessen na zona vella de Santiago. Gústalle ser o tendeiro da GastrotecaSCQ, onde atoparás moitos viños, conservas e produtos galegos de primeira calidade.

– A burelana Emilia García contounos que leva moitos anos vivindo en Compostela dedicados ao Arquivo da Emigración Galega, departamente que pertence ao Consello da Cultura Galega.

– E de Adriana Castro, que está na Universidade de Santiago de Compostela, no Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial que dirixe Wenceslao González Manteiga; quen me trouxo un vello recordo á cabeza.

Para cando nos deron a proba das Berenguelas de Compostela –uns bombóns sabororos cun packaging a imaxe e xemellanza do iPhone- o chef sentouse canda nós e conversou de todo: da experiencia, do porque, da crise, doutras iniciativas, dos bombóns… e así, entre gintonics, nos deron as 2 da mañá!

E como diría un porco moi querido: “isto é tototototóooooodo amigos!”

+ post:

– Blogue de Xaime Cortizo (moi boa a reportaxe fotográfica!)

Estándar