lugares, viaxes

Horta e viños na Alsace

Na era da TIC e das RR.SS. o mercado das postais está demodé! Pero a min me sigue molando, por iso sigo enviando a algunha xente cando viaxo, e tamén lle pido á familia e aos amigos que o fagan, para facer crecer a miña colección. Pois ben, hoxe, ao abrir o correo e entre a propaganda eleitoral, tiña unha de Isabel Chousa e Alfonso Ribas, que días atrás (aproveitando á ponte) viaxaran a Alsace.

Pero cando imos comprar para escribir hai unha serie de problemas: a calidade da imaxe, da impresión e do deseño, o formato e o estilo. Estamos afeitos en moitos casos a recibir a da Catedral de turno, da escultura máis famosa, o típico collague ou unha graciosa que teñen sempre nas tendas. Pero ás veces iso importa ben pouco e ten máis sentido o que se escribe.

#trimbach #alsace #riesling

A post shared by A.R. #wines (@fonsiribas) on

Neste caso fixéronme un resumo do destino, unha escolma de “imaxes” dos seus intereses que fan de mini-guía na miña cabeza para cando me toque ir. Non se conta o que te escriben, pero co seu permiso quero compartir o estilo tan conciso e que amosa un destino gastronómico diferente: «Dende o país das cigoñas, os espárragos, o riesling, a tarte flambèe e mais da liberdade, a igualdade e fraternidade…»

Anuncios
Estándar
tradicións, viaxes

O Entroido en Viana

A proposta era intesante, e dixemos que si. Que coincidindo con estas datas, pillaríamos algún día libre e iríamos vivir o Xoves de Comadres en Viana. E non era moco de pavo, que as vilas das provincias de Lugo e Ourense queda a tomar por c… de todo o Eixo Atlántico, e iso que son sarrián. Pero as máis de dúas horas non nolas quitaron, a pesar de conducir todo por autoestrada e autovía. #mimadriñaquerida se ata paramos tomar un café en Allariz!!!

Cando chegamos xa era noite. Lamentos a parte, estabamos aprestos a vivir unha experiencia diferente, a dun entroido rural, de montaña, no que as paredes e o chan tremen ao son ancestral dos tambores da bisbarra. No Xoves de Comadres é tradicional ir disfrazado e levar unha bolsa con fariña para botarlla a aqueles que non vaian camuflados (sempre un sexo contra ao outro). Pero non hai que lanzala, senón correr tras el/ela e poñerlla na boca. Pero máis importante, até as 12 da noite só poden tirar fariña elas.

Nesta primeira toma de contacto antes de ir cear eu xa fiquei enfariñado. A pesar da cara de cabreo estaba a xogar, pois de nada vale picarse… e tamén hai que seguir o xogo. Para aguantar a noite fomos cear a un dos 3 restaurantes recomendados polos profes de Viana, un colectivo da ensinanza pública que traballa nun dos mellores institutos do País. A elección deste lobby foi O Pingallo, e como estamos na época, tocaba cocido. Case ná para el body!

A verdade é que estaba boísimo, a carne, os chourizos, a androlla, a soá, as verduras, as patacas… agás o pan. Peccata minuta en comparación do resto de viandas, viandas do bolo (jeje!). Como adoita ocorrer con esta comida, sobrou mogollón, neste caso menos na metade porque no gremio da educación hai moi bos dentes e roeron ben. Postres, cafeses e chupitos, os clásicos vamos. Pero ía a tope e apenas puiden probar un dos pedazo flans que puxeron na mesa.

E volta á rúa, volta á festa e volta a correr, que novamente era obxectivo de todas as mulleres (non é broma, pero noutro sentido, malpensados!). Home sen disfrazar, “blanco seguro”. Nada mellor que unhas carreiriñas -escapando ou perseguindo- polas rúas da parte vella de Viana para baixar a enchenta, e algún combinado tamén. O espírito de festa agromaba na praza, entre os sons dos tambores dos folións, e a festa duraría ata que aguantou o corpo de cada un. Aproveitando que os profes tiñan aulas o día seguinte, marchei con eles e pasei de probar que tal se durmía de pé nesta vila.

Á mañá seguinte amaneceu nublado, pero a vista desde a casa era algo millor. A verdade é que o encoro -un dos tres da zona- encaixonado entre as montañas forma unha paisaxe espectacular. E o casco vello co castelo no alto dunha das ladeiras conforma unha imaxe fermosa, de postal. Se a isto lle sumas o son do silencio, dache este recuncho do País, ideal para descansar un par de días. E iso fixemos.

E claro, ata o domingo o plan era paseo por eiquí (ao castelo), excursión por alá (ata Verín), máis paparotas e máis saír. Xa o día grande, o Domingo de Entroido, coincidía coa Festa da Androlla e o espectáculo volvía estar na praza principal. A procesión dos folións da contorna, coas danzas dos boteiros -que xa vira días atrás en Compostela, na presentación do #GaliciaEntroido- formaban un espectáculo de cor e ruído fóra do común, e así durante tres horas!!!

Estándar
lugares, viaxes

Luismas por el Mundo

Alá polo mes de novembro recibín o “encargo” -máis ben foi un reto- da miña amiga Isabel Chousa de participar nunha cadea de Instagram, unha das redes sociais baseadas nas fotografías. O #ShotChallange -que así se chamaba- consistía en colgar 5 fotos durante 5 días, é dicir, unha cada día. Temática? libre, e polo tanto escollín facela dalgunhas viaxes que fixen polo Mundo adiante e escollín a etiqueta #luismasporelmundo.

A primeira foto que puxen foi da viaxe a România que en 2008 fixera con algúns membros da Asociación de Amigos del Camino de Santiago de la Comunidad Valenciana. Fora unha viaxe encríbel, onde 11 desalmados viaxáramos polo norte dun país en obras recentemente integrado na Unión Europea e ao que lle estaban entrando os cartos para a renovación das infraestruturas do país, igual que naquela España de finais dos 1980. Once desalmados nun microbús de 15 prazas cun condutor húngaro que malamente entendía o inglés!!! (aínda recordo o que lle pisaba o xoven Laszlo…). Unha das primeiras paradas fora en Săpânța (Maramureș), onde alucinamos co seu Cimitiru Vesel [Cemiterio Alegre], un camposanto colorista onde os mortos eran recriminados polos veciños e familia na súa propia lápida.

Como o “xogo” consistía en subir unha foto e retar a un amigo, quixen comezar forte, por un compañeiro desta viaxe aos Balcáns, o colega e fotógrafo Iago RV 😦 O meu gozo nunha poza, por H ou por B, non o puido facer.

O segundo día colguei unha curiosa foto da viaxe a Sardegna, en 2009. A Grotta di Nettuno [Gruta de Neptuno], en Capo Caccia (Algher), é un dos puntos máis visitados do norte da illa. Un lugar recóndito ao que hai que ir, pois está a máis de media hora da cidade, pero é que unha vez chegado tes que baixar escaleiras durante máis dun cuarto de hora… para logo subilas.

Neste caso quixen retar a unha ex-compañeira do instituto, fotógrafa profesional emigrada polas irlandas… pero nada, que Graciela tampouco!

A terceira tamén tivo o seu aquel: a viaxe a Terra Santa (2011) que realicei cun grupo de galegos guiados polo Padre Paco, un franciscano que custodia en Compostela o Fogar de Espiritualidade de San Francisco. Ademais de percorrer todos os lugares santos do cristianismo en Palestina, tamén visitáramos algún dos máis importantes do xudaismo. Pero na viaxe desde a Jerusalem até Tiberias fixemos una parada no Yam Hamelaj [Mar Morto] para darnos un baño (joder, como flotamos e como pican os ollos!!!) e botarnos os seus lodos.

E me dixen “coño, escolle alguén que se mova moito nas redes!!!”, pero o compañeiro de Facultade e de críticas, Emilio Cuíñas, seguíu coa mesma liña dos anteriores…

A cuarta foto tamén me trouxo bos recordos: a miña primeira viaxe a Porto na Semana Santa de 2010. E foi difícil escoller a postal: o Porto Velho, o Elevador dos Guindais, a Fundação de Serralves, a Librería Lello e Irmãoa, o novo estadio do Boavista, o ambiente nocturno dos restaurants da Foz do Douro, os pastelinhos e francesinhas, para finalmente quedarme coa a Casa da Música do arquitecto nerlandés Rem Koolhaas. No seu interior xoga cos espazos e coas formas, e nós tamén (e agradecido que ao seu fillo lle gustase a foto).

Logrei convencer a Jorge Vicente, outro compañeiro xeógrafo. Podedes ver como superou o reto no seu perfil de Instagram.

E para rematar, unha instantánea da miña viaxe a Suisse (2010): o Château de Chillon [Castelo de Chillón] desde a outro carril da autovía, pois a entrada ao recindo era -segundo recordo- algo complicada. Como podedes observar, lembra un pouco aos Exin Castillos que tiñamos nos 1980 (que gran década!!!).

E rematei retando a unha compañeira de travesía, Natasha, que me acompañara na “peregrinación” do MIR. Obviamente, na Russia non deben molar estas cadeas…

Estándar
premios, viaxes

Apartamentos Rodeiramar, un bo exemplo de negocio

Alá pola primavera (o 27 de abril) asisitín á primeira edición do Foro de Proturga, un evento que se celebrou no Teatro Principal da cidade do Lérez. O motivo era falar acerca do Turismo Deportivo e a súa capacidade de xerar riqueza. Era sábado, comezaba ás 10:30, duraba todo o día e eu saín cunha viaxe debaixo do brazo!!!

Non mo esperaba. Cando tras unha das ponencias subiron as rapazas de Proturga e sacaron un papeliño dunha saca co número 4 non o podía crer, unha finde para dúas persoas nos Apartamentos Rodeiramar de Cangas!!! Eran 2 noites de hotel + almorzo e unha travesía en barco privado para 2 persoas, pero Fran -o dono dos apartamentos- permitiume facer un pequeno troco no premio, cambiar por 1 noite para catro (grazas!). Tras varias semanas intercambiando correos -e algunha chamada- concretamos facelo a primeiros de xullo.

E aí estabamos, os catro, acojonaitos polo tempo que podía facer. Unha semana antes aínda tiñamos a chaqueta posta e o paraugas na entrada da casa. Pero tras un longo inverno que nos roubou (incluso) unha semana de verán, chegou o día. Saímos tarde de Compostela e chegamos a xantar a Aldán. Sorte tivemos de non ter que esperar para comer no Bar Muelle, unha taberna de porto como Dios manda. “La de Diego”, como se lle coñece, sempre é un acerto, carta curta pero todo riquísimo. Très bien!!!

Na sobremesa aproveitamos para mercar unha sombrilla -a primeira en moitos anos- e pareceunos fantástico, había que ir de guiris total. A pesares de ter que aparcar onde estaba o Prestige (no quinto pino) por mor de que Vigo enteira saíu en tropel cara as praias, chegamos á de Pipín. Que delicia! O primeiro sábado de praia foi unha pasada: crema, toalla, baño, partida, baño, pipas, outra vez baño. E é que non se aguantaba na area. Dos tipitos e tipotes que había alí non vou comentar nada…

Recollimos os bártulos sobre as 8 da tardiña e fomos até Cangas, onde quedaramos con Fran sobre as nove. Pero antes deunos tempo de pasmonear e mirar para a natureza.

«Que majos son!» A verdade é que gran parte do negocio é a súa simpatía, a do matrimonio (porque Merchi tamén ten o seu). Home, ter un hostal a pe de praia tamén axuda… Presentámonos e todo foron facilidades. Ao final acordamos durmir unha noite no Mar de Bering, fondeados fronte a praia de Rodeiramar, pero preparados para aproveitar a noite canguesa.

Quixemos picotear algo e cear algún marisco pra celebrar a chegada do verán. Foi o propio Fran quen nos fixo unha ruta de tapas no mapa da III Feira da Tapa “Cangas sabe ben”, que remataba o domingo. E alá fomos, probamos algunha, ceamos nun local un pouco barulleiro e marchamos a unha terraza a tomar uns dixestivos.

O domingo 7  era o día marcado para facer a travesía. Descansáramos a perna solta e ao saír a cuberta vimos o porto deportivo de Cangas. Que bonita imaxe!

Tras almorzar no Náutico, volvimos para recoller o barco (alguén cantaba «El del medio de Los Chichos…» ) e facer os preparativos -con calma- pois quedáramos ás 12 con Fran.

Comezou o paseo comentándonos un pouco a idea que tiña, pois pechara a data para levarnos toda a xornada pola ría. Pero fomos mirando sobre a marcha. Ao pasar a carón da factoría Massó falounos da historia de Cangas, dos fomentadores cataláns, das conserveiras e dos plans do Concello. Nada, todo paralizado! Magoa dalgún proxecto de aproveitamento turístico do patrimonio industrial…

Continuamos a travesía cara a praia de Barra, onde fondeamos para tomar o sol, bañarnos, comer e bucear, pois tiñamos un par de afeccionados na tripulación. E todo rodeados de moitas embarcacións que decidiron o mesmo que nós, pasar un domingo navegando pola ría.

E foi o que fixemos: tomar o sol (tanto que tivemos que resgardarnos do que queimaba), darnos 20 mil chapuzóns para quitarnos a calore, comer un par de empanadas e descansar mentres os Cousteaus gozaban dos tesouros das profundidades. Que leccións nos deron de peixes e outras especies que pululaban por alí, de en que sitios pescar e outras cousas que non memoricei por estar de vacas. Magoa non ter conseguido o permiso para fondear nas Illas Cíes (tardamos moito en decidir o día!), estaban petadas!

E así pasamos o día, entre sol e sombra, risas e chapuzóns, e entre cervexas e máis cervexas. En terra, para despedirnos tomamos outra birra con Fran. Preguntámoslle acerca do negocio do aluguer de veleiros. Escoitando a resposta quédoume claro que o premio foi un auténtico regalazo de Proturga.

E ti, sabes como alugar un veleiro nas Rías Baixas? Deixámosvos aquí un vídeo:

Estándar