excursións, restaurantes

Mar Viva, a peixería para mercar e comer

«Se fai bo mañá, imos!» E cadrou que o día amenceu estupendo estupendísimo, sen nubes nin ná. E efectivamente, ás 13 horas nos recolleron e piramos para a Costa da Morte. Corcubión -que estaba de pleno co concurso de tapas- era o destino, pero nós queríamos probar in situ a comida dun novo local do que nos chegaran moi boas referencias. Unha hora de camiño platicando e no dial posto a Radio Galega (si si, con Xosé Manuel García e o seu “Come e Fala“).

Mimá, q lonxe queda a @costa_da_morte pero q bonitiña é a ría de Corcu

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Baixamos do coche coas vistas de Carburos Metálicos de fronte: Dios mío, que fea é, que adefesio en plena ría… pero cantos cartiños deixa!!! Tras tomar unha birra e un pinchiño mentres facíamos algo de tempo, ás 14:30 -clavaos- estabamos entrando neste novo espazo gastronómico: a Peixería Mar Viva.

Esta peixería está ubicada nun edificio de marcado valor patrimonial no centro desta vila mariñeira, Corcubión. Na rehabilitación gastáronse un pastizal, pero alomenos queda algo útil, unha tenda de peixe especializada onde te poderán informar de cada especie: arte de pesca, tamaños medios, épocas de veda, procedencia e recomendacións para o seu consumo.

Prestos para probar a experiencia do Mar Viva. Iremos contando…

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Pero hai que comezar dicindo que se trata dun proxecto financiado pola Unión Europea a través dos Grupos de Acción Costeira que creou a Xunta de Galicia. Cando falamos de Mar Galaica, que así se chama o programa, estamos a falar de Turismo Mariñeiro, dunha oferta turística para gozar da cultura do mar. Eiquí pretenden que goces pesca, coñezas os segredos das xentes do mar, goces dos seus sabores do mar, e abofé que isto último o conseguiron.

Cheirando a frescura…

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

O primeiro que nos atopamos ao entrar foi unha peixería no seu máis amplo sentido. Un lugar húmido, cun mostrador alongado e con todo o xénero en exposición sobre xeo (os peixes ocupando a maior parte do espazo, e o marisco cara unha esquina). Detrás había un señor atendendo a outros visitantes e outro limpando o peixe na barra de detrás. Hai 2 posibilidades: levalo para a casa ou que cho preparen alí mesmo e o sirvan no comedor do primeiro andar. Cando nos atenderon, pedimos unhas centolas e un variado de peixes (quedounos magoa dos sanmartiños…) e subimos.

🙈 que sentola #mimadriñaquerida! Era unha, pero coma se fosen cen

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

A centola, que pesaba 1,5 kg #mimadriñaquerida, era coma se fosen dez. E estaba chea!!! Patas e cachos a moreas, moita chicha para rillar durante máis dun cuarto de hora. E como para acompañar tiñamos un Terras Gauda, que mellor que botalo no caparazón para tomalo cos corais… Ñam ñam, como gozamos, sobre todo eu, que fun un espabilao! 😉

Hai un dito que di «De la mar el mero y de la tierra el cordero». Será certo, pero da mar é o mero, a palometa e a robaliza, polo menos. Exquisitos, preparación básica (á prancha) e vía. Nada de salsas nin aderezos. O peixe -como a carne- se é de 1ª calidade, non precisa de nada. E iso é unha das cousas que promove o carimbo Km 0 Margalaica ao que está adherido este estabelecemento. Con este distintivo garántese que os peixes e mariscos proceden das lonxas locais, que non sofren transportes excesivos (menos de 10 Km) e que foron capturados por veciños da contorna con métodos artesanais de pesca.

O dito, unha experiencia -que se está a poñer de moda nestes últimos anos- francamente recomendábel. O prezo… medio-medio/alto. Non nos pareceu excesivamente caro, a verdade: marisco e peixes, con pan, augas, sobremesas e cafés, e non chegamos a poñer 40 por barba. É curioso como na minuta especifican o peixe que sirven, o seu peso e a preparación aparte. Por exemplo:

Mero ao corte: 0,440 kg * 39 €/kg = 17,16 euros
(máis a elaboración, a 6 €/kg, supón un que hai que apoquinar 2,74 euros máis). Ou sexa, preto de 20 euros por unha boa porción. E así tamén cos outros dous.

Peixería Mar Viva
Praza Castelao, 15
E-15130 Corcubión, A Coruña
Teléfono: (+34) 981 706 453
Web: http://www.peixeriamarviva.com
Correo-e: info@peixeriamarviva.com

Horarios:
– de martes a xoves: de 10:00 a 18:00
– de venres a domingo: de 10:00 a 18:00 e de 20:00 a 24:00
– luns pechado

Anuncios
Estándar
tradicións, viaxes

O Entroido en Viana

A proposta era intesante, e dixemos que si. Que coincidindo con estas datas, pillaríamos algún día libre e iríamos vivir o Xoves de Comadres en Viana. E non era moco de pavo, que as vilas das provincias de Lugo e Ourense queda a tomar por c… de todo o Eixo Atlántico, e iso que son sarrián. Pero as máis de dúas horas non nolas quitaron, a pesar de conducir todo por autoestrada e autovía. #mimadriñaquerida se ata paramos tomar un café en Allariz!!!

Cando chegamos xa era noite. Lamentos a parte, estabamos aprestos a vivir unha experiencia diferente, a dun entroido rural, de montaña, no que as paredes e o chan tremen ao son ancestral dos tambores da bisbarra. No Xoves de Comadres é tradicional ir disfrazado e levar unha bolsa con fariña para botarlla a aqueles que non vaian camuflados (sempre un sexo contra ao outro). Pero non hai que lanzala, senón correr tras el/ela e poñerlla na boca. Pero máis importante, até as 12 da noite só poden tirar fariña elas.

Tocado, pero non afundido!!! #xovesdecomadres

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Nesta primeira toma de contacto antes de ir cear eu xa fiquei enfariñado. A pesar da cara de cabreo estaba a xogar, pois de nada vale picarse… e tamén hai que seguir o xogo. Para aguantar a noite fomos cear a un dos 3 restaurantes recomendados polos profes de Viana, un colectivo da ensinanza pública que traballa nun dos mellores institutos do País. A elección deste lobby foi O Pingallo, e como estamos na época, tocaba cocido. Case ná para el body!

E para cear o #XovesdeComadres… #CocidodeViana #OPingallo #GaliciaEntroido

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

A verdade é que estaba boísimo, a carne, os chourizos, a androlla, a soá, as verduras, as patacas… agás o pan. Peccata minuta en comparación do resto de viandas, viandas do bolo (jeje!). Como adoita ocorrer con esta comida, sobrou mogollón, neste caso menos na metade porque no gremio da educación hai moi bos dentes e roeron ben. Postres, cafeses e chupitos, os clásicos vamos. Pero ía a tope e apenas puiden probar un dos pedazo flans que puxeron na mesa.

Ruiiiiiidoooooo!!! Feeeeessssstttaaaaaa!!!!

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

E volta á rúa, volta á festa e volta a correr, que novamente era obxectivo de todas as mulleres (non é broma, pero noutro sentido, malpensados!). Home sen disfrazar, “blanco seguro”. Nada mellor que unhas carreiriñas -escapando ou perseguindo- polas rúas da parte vella de Viana para baixar a enchenta, e algún combinado tamén. O espírito de festa agromaba na praza, entre os sons dos tambores dos folións, e a festa duraría ata que aguantou o corpo de cada un. Aproveitando que os profes tiñan aulas o día seguinte, marchei con eles e pasei de probar que tal se durmía de pé nesta vila.

O prometido é débeda. Aghora cunhas raiolas mola máis…

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Á mañá seguinte amaneceu nublado, pero a vista desde a casa era algo millor. A verdade é que o encoro -un dos tres da zona- encaixonado entre as montañas forma unha paisaxe espectacular. E o casco vello co castelo no alto dunha das ladeiras conforma unha imaxe fermosa, de postal. Se a isto lle sumas o son do silencio, dache este recuncho do País, ideal para descansar un par de días. E iso fixemos.

Após 10 anos volvín a Viana… lémbraste de #RUTO #ARTS @mipazos ?

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

E claro, ata o domingo o plan era paseo por eiquí (ao castelo), excursión por alá (ata Verín), máis paparotas e máis saír. Xa o día grande, o Domingo de Entroido, coincidía coa Festa da Androlla e o espectáculo volvía estar na praza principal. A procesión dos folións da contorna, coas danzas dos boteiros -que xa vira días atrás en Compostela, na presentación do #GaliciaEntroido- formaban un espectáculo de cor e ruído fóra do común, e así durante tres horas!!!

De cheo no #Entruido de Viana, co tran-trantrán dos Folión e os Boteiros correteando

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Estándar
eventos, fotopaparotas

Óscar de Toro no Fórum Gastronómico

Fun pero non fotografei. Fun até o Fórum Gastronómico de A Coruña porque tiña un pase para os 3 días e quería saber que tal estaba a versión galega deste evento catalán após de 4 anos. Durante a miña estadía en México fun a outros eventos gastronómicos, pero recordaba con gran agarimo a edición de 2010 en Compostela, na que diluviou mentres Ferrán Adrià anunciou que o deixaba (El Bulli). Mais para feira de verdade a de 2011, en Girona. Aquela era outra cousa: máis profesional, máis comercial, máis ventas. En Galiza tiña a lembranza do Fórum Cidade, do esforzo de Trevisani e Turismo de Santiago por organizar actividades para a poboación local, pero o que é a Feira… non había “sector” todavía, non a demandaban.

O televisivo e guapo Jordi Cruz dando aulas maxisttais no @forumcoruna

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Un dos momentos estrela -após da fotaza que lle fixo Xurxo Lobato con Mariña- era a ponencia aberta ao público do televisivo Jordi Cruz. Cunha sala ateigada, o cociñeiro do ABaC, L’Angle e o Ten’s e xurado do programa MasterChef fixo un show-cooking que deixou a todos, e todas, abraiados… máis ou menos.

Sen dúbida un dos mellores cafés da cidade #aloshechosmerepito @oscar_de_toro

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Pero ademais de pasear por ExpoCoruña, mirar os stands, as novidades, catar os viños e os vermús (menudas vestimentas por Diós!) e atopar a moito coñecido da blogosfera, un dos meus obxectivos era o obradoiro de Óscar de Toro, do Café Venecia de Compostela. Si, un barista e showman, pero que barista, e que showman!! E cociña con café!!!! Para quedar coa boca aberta, verdá? Pois o maestro Óscar comezou o seu tempo charlando de café, de variedades, de usos e púxose mans á faena.

Para comezar fíxonos unha “tosta de vaca vella marinada con café”, un carpaccio de vaca maior infusionado 11 horas en café de Etiopía, sobre unha tosta de Pan da Moa, con aceite Arbequina e queixo de Arzúa curado. Toma xá!! ¿Como te has quedao? Coma nós, flipping in the air.

E mentres pasaban a proba aos asistentes algún “gracioso” fíxome un roubado. Aí me teñen, pillado in fraganti por Manuel Bustabad. #Enverdeatender, ains!

E pasamos ao “peixe marinado con coulis de café e xenxibre”. Tamén saboroso, pero menos. Desta volta o café ocultaba demasiado o sabor do peixe. Ao mellor marinar 7 horas é moito, ou o propio sabor do “Guatemala Acuatenango”. Óscar saberá…

E para rematar unha “escuma de capuchino con sésamo” con café Brasil. Un bo chupito para rematar a demo. Tres texturas diferentes, tres sabores distintos, cun denominador común, o café! A Loly Llano seica saltáronselle as bágoas.

Na quenda de preguntas Óscar que baixou do escenario, mesturouse co público e preguntou cal era o bocado máis logrado. E preguntoume a min. Coma sempre, a contracorrente do que estaban a dicir os que interviron antes ca min, dixen a primeira, pois a mestura -para o meu gusto- estaba moi lograda: carne con aroma de café, que transpiraba correctamente e sen quitarlle sabor. E seica acertei, pois un cociñeiro de renome coma Kike Piñeiro estaba na mesma. E para encherme de «orgullo y satisfacción», o propio Óscar tamén o dixo, jeje! 😉

Opinando sobre la cocina con café el gran @FranKikePineiro @oscar_de_toro

A post shared by Manuel Bustabad (@manuelbustabad) on

O Fórum continuou 2 días máis, ata o martes, e por alí pasou do mellor de cada casa. Aulas maxistrais, catas, concursos e máis ponencia. De feito, un pouco máis tarde escollerían a Diego López, do Restaurante La Molinera de Lalín, como “Mellor Cociñeiro do Ano“. Pero eu quedaría para ir probar os pinchos do Fórum Tapas e pa’casa.

@moli_potas cocinero del año en #forumcoruña oleeee!!

A post shared by lolyllano (@lolyllano) on

De todos os xeitos recomendo visitar as crónicas dalgún colegas de ocio, como Rubén Amorín e Jorge Guitián, ou visitar os perfís de Instagram de moitos dos asistentes (Xosé Manuel García, Loly Llano, Manuel BustabadJorge GuitiánRubén Amorín, Carmen Albo, Mercedes Blanco, Alberto RibasMarta Valcarce, Sandra Novo) e darlle ao scroll para ollar todo o que fotografaron.

Estándar
eventos, fotopaparotas

O Fórum Gastronómico segue a ter lazos con Compostela

Si, é veerdade. Esta afirmación ten o seu aquel pero é completamente certa. Fóra de polémicas que levaron o seu traslado á cidade herculina, o Colectivo SCQ conseguiu pechar un acordo coa organización (Trevisani, en Galiza) e con Estrella Galicia e facer unha ruta de tapas na capital de Galicia previa ás datas nas que se celebra o Fórum. E baixo a etiqueta de #TapasForum xuntáronse 10 locais da cidade.

Aquí estamos, preparados para comezar…

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Un día o amigo Fidel Martín, consultor de Social Media inquedo, agregoume a un grupo de facebook no que estaban outros composteláns de pro. O obxectivo era facer parte deste roteiro un día pola noite. Non todos puideron, pero os cinco que quedamos eramos suficientes para pasar unhas horas en boa compañía, falando, debatendo e discutindo en torno a un vicio común, a cociña en miniatura.

Seguindo co meu xogo deste blog, quero incluir fotos dos meus acompañantes pola noite, para que quede reflectida a nosa experiencia. Quedamos ás 20:30 en O Castelao e por alí apareceron Sandra Novo, Frenchy Ouviña, Alberto SeoaneÓscar de Toro. Para comezar, uns “berberechos con escuma gin-tonic”. Teño que ser sinceiro, non me convenceron 😦 Tampouco van facer perfecto todo sempre! (Manel, como non era un concurso… jeje!).

Era unha noite fresca e ameazaba con chover, pero o camiño estaba marcado, tocaba #abastada. Arriscámonos e puxémonos na terraza, era o mellor sitio para fotografar o despregue da súa “navalla, bombón e chupito”. Realmente delicioso, a explosión na boca -e mestura- dos tres elementos refrescounos a todos. Creo que ao final da noite case todos a consideramos a máis lograda.

Navalla bombón y chupito by @abastosdouspuntocero #tapasforum

A post shared by Fidel Martin (@fidelmartin) on

Logo fomos á Bodeguilla de San Roque, que antes da tapa do concurso atiborrounos -como é constume- con olivas, patacas fritidas e o pincho de cortesía. Era de carne, e alguén quixo chamar a Javier para vacilar, pois unha das condicións era que fose produto do mar. “Atún en marmitako de codium” foi a súa proposta. Correcto!

Atun en marmitako de codium #tapasforum #bodeguillaSRoque

A post shared by Alberto (@scribaid) on

E xa con visos de ter algún abandono fomos enfrente. Alí, os amigos do Proxecto Garum -sempre agradábeis e sorrintes- ofrecéronnos un novo xeito de cociñar a xarda. O peixe estaba moi bo, certamente, pero non sei se foi á temperatura o a mestura co líquido, pero non chegaron ao nível de Marcos Cerqueiro. Pero como todo na vida, hai discrepancias, e algún dos cinco tivese votado por esta.

Xarda #tapasforum @colectivoscq

A post shared by Alberto (@scribaid) on

Finalmente baixamos visitar á presidenta, Eva Pizarro, do restaurante Acio. Alí estaba rematando cunha cea-degustación de Jerez, onde estaban varios amigos (Jorge Guitián, José Crusat ou Alfonso Ribas). Estas catas estanse a poñer de moda en Compostela e algún día comentarei algunha á que asista. Pero ao que estabamos, nos queríamos probar o “tiradito de corvina”.

"Tiradito de corvina" en @aciorestaurante de lujo!!

A post shared by Galletas para Matilde (@galletasparamatilde) on

E todo hai que dicilo, que entre quintos, cañas e algún viño ou botella, levábamos un punto, pero con algo de fame quedamos, así que tivemos que pedir unha táboa de queixos para compartir. En fin, unha grande experiencia que agardo se repita o domingo na Coruña coa “invasión” (ou maridaxe) destes locais composteláns con cafetarías, pulperías e viñotecas coruñesas.

Bye, bye!

Estándar
paparotas, restaurantes

A nova despensa do Santiso

Era só unha cea de amigos, e como tal avisaron a última hora, ou a penúltima. Xosé Manuel García, presentador da programa “Come e fala” da Radio Galega quería xuntar aos amigos un luns (cousas da hostalaría) de inverno para cear. O motivo? a celebración do exitazo en cotas de audiencia do programa “Comes ou Pagas?” da Telegaita. E aceptei, obviously, como o día que me convidaron á presentación alá a mediados do mes de decembro.

O argumento do programa era que unha persoa retaba a comer ao presentador algo “difícil de tragar”, algo que -fór por cantidade ou rareza- houbera que pensalo dúas veces, algo que calquer padal non. É dicir, un auténtico reto para os comensais. A finalidade, que se non o rematas, se non podes pola razón que fór, pagas!

O lugar escollido era O Fogar do Santiso, uns grandes amigos de Xosé Manuel, da produtora Elemental Chefs e do equipo de Aleuto Medios Dixitais, dirixidos por Antón Veiga. E alá fomos no coche de Alvientooo, acompañados da sempre elegante Mariña Bello e recollendo ao sempre despistado Frenchy Ouviña.

E após da espera, dunhas cañas falando con Xavi e lembrando cousas cun vello amigo, Xosé Ramón Novoa (joder, como pasa o tempo!!! fai xa máis de 10 anos que o coñecín), a comerrrr!!! Na mesa senteime na mesa con Javi e a capitana do Colectivo SCQ, Eva Pizarro, con Andrés e Ivana (de Osushi, de Vigo), con Antón (o produtor), con Mariña e con Fidel.

Rico rico en @o_santiso

A post shared by O Bandullo (@obandullo) on

Probamos cousas novas, cousas diferentes ás que tiña fai uns anos. Unha evolución daquel proxecto que nacera en 1996 e que o boca-orella tanta publicidade lle dera. Teño que dicir que facía tempo que non ía, creo que desde 2010, cando o musicólogo e amigo Xavier Valiño organizara no garaxe da súa casa un Live in the living.

Aquí un resumo da cea-degustación, un collage montado por Xavi Presas que amosa todo o que probamos e gozamos. Quero dicir que nonótase o traballo artesanal, gústalles pór en valor a tradición rural e labrega, e a cultura galega. Agora ofertan unha alimentación máis saudábel, desenvolvendo o consumo responsábel en prol do ecolóxico, local e autóctono. Abastécense coa produción ecolóxica das hortas propias e teñen un compromiso ambiental moi marcado, un compromiso que se ve na súa política de RSC, que cumpren con rixidez. Pero disto mellor ler as crónicas dalgún colega, que en breves terá a ocasión de voltar para facer un pequeno #BlogTrip e lle expliquen todo o proxecto.

En fin, unha cea que deu para moito debate, moitas risas e moitas discusións (aaaiii, ese Fórum que se escapou!!!) e que remataría co clásico #avistamentoUFO que tan de moda puxo o propio Xosé Manuel. Por favor, déjenseme de caralladas de #selfies!!!

Estándar
eventos, tradicións

Os entroidos galegos preséntanse en sociedade

Que estás por Compostela e non sabes que facer a fin de semana? Pois o domingo 9 de febreiro podeste achegar ao casco vello de Compostela para observar un curioso desfile que rematará Praza do Obradoiro. Galicia Entroido é un evento que organiza Turismo de Galicia e que vai xuntar ás principais celebracións do “carnaval” galego nun mesmo acto.

Galicia Entroido presentará ás festas tradicionais galegas na Praza do Obradoiro

A partir das 12:30 os diferentes grupos de entroidos que hai no País reuniránse na praza do Obradoiro. Previamente haberá un desfile polas rúas de Compostela que dará cór a esa pedra estática e pétrea afincada no zona vella. No encontro final diante de Raxoi cada un dos grupos representará un acto da súa tradición.

Entroido San Pedro de Salgueiros

A post shared by José Ramón Moire Silva (@jrmoire) on

Neste acto coincidirán os Xenerais e Correos da Ulla, os Galáns e Madamas de Cobres (Vilaboa, Pontevedra), o Oso de Salcedo (A Pobra do Brollón, Lugo), os Volantes de Chantada, as Pantallas de Xinzo de Limia (Ourense), os Felos de Maceda, as Mázcaras de Manzaneda, os Cigarróns de Verín, os Peliqueiros de Laza, o Boteiro e os Folións de Viana do Bolo e os Boteiros de Vilariño de Conso.

Hai que ter en conta que 7 destas celebracións foron declaradas festa de interese turísitca. O Entroido de Xinzo de Limia e o de Verín teñen o recoñecemento de “Fiestas de Interés Turístico Nacional”, mentres que o de Cobres, o de Laza, o de Viana do Bolo, o Folión Tradicional de Manzaneda e máis recentemente os Xenerais do Ulla estás declarados como “Festas de Galicia Interese Turístico”. Para unha info máis detallada podes descargar o folleto de Turgalicia sobre o Carnaval en Galicia (en español).

Estándar
excursións, restaurantes

Os encantos da Ulla no tempo do Entroido

Mi má, a que se me ven enriba. Mañá venres teño cita cos meus roomers do novo proxecto de Laura Camino e María Mosquera. O sábado (todo o día) ver, comentar e difundir acerca de pazos, gastronomía, románico, camelias e Xenerais con Área Santiago. E o domingo contar -se as sucesivas cicloxéneses o permiten- contar o “Entroido Galego”, un evento que Turismo de Galicia organiza na Praza do Obradoiro para xuntar a todos os personaxes dos entroidos e presentar as celebracións. Que intensidade! E iso que hoxe pretendía ir a Xantar ao encontro blogger ou seguir o 1º blogevento da Copa do Rei de básquet…

Ao que imos, os bloggers acompañaremos nun PressTrip a varios xornalistas, convidados por Turgalicia para asistir á presentación dos entroidos galegos. Xente chegada de Madrid que deberá gozar do patrimonio, da auga e das comidas pantagruélicas que lle ofrecerán por aquí e por acolá! Segundo o programa, os obxectivos do PressTrip son:

  • Dar a coñecer o Entroido dos Xenerais da Ulla.
  • Dar a coñecer a bisbarra da Ulla (un destino incluído dentro de Área Santiago) e os seus atractivos turísticos: mercados tradicionais (caso de Padrón), a gastronomía (especialmente a cociña de Entroido) o patrimonio relixioso (igrexas e mosteiros, co románico e o barroco galego coma principais estilos) e civil (os pazos), ademáis da paisaxe fluvial (río Ulla sobre todo) e a flora (neste caso as camelias).
  • Fomentar a desestacionalización.
  • Levar a cabo unha excursión piloto de cara a comercialización.

No programa están previstas varias visitas, algunhas das cales xa fixera anteriormente nos últimos meses. O punto de encontro será o Museo do Pobo Galego, onde faremos unha visita guiada á exposición sobre os “Xenerais da Ulla“, instalada no claustro baixo, e que nos permitirá saber un pouco máis das orixes e en que consiste este Entroido rural tradicional, declarado de interese turístico galego o pasado mes de setembro.

Os restos da primeira papeleira, tamén no Pazo

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Tamén visitaremos o Pazo do Faramello, vello coñecido do ano pasado, pois até 3 veces fun. Alí Gonzalo Rivero de Aguilar nos convidará a un café e nos amosará as instalacións deste pazo de orixe industrial (aquí se instalou a primeira papeleira da Galiza). Supoño que nos paseará polo trazado orixinal do Camiño Portugués, as cortes (onde está prevista unha rehabilitación para un salón para eventos), a capela (BIC), os xardíns e a fermosa terraza barroca compostelá.

Momento de #ComerUnBuenCocido en #CocidoTrip

A post shared by Sporky (@cocidotrip) on

A organización ten previsto convidarnos a xantar un bo cocido galego, semellante ao que probamos algúns dos asistentes o pasado sábado 1 no Cocido Trip. Pero nesta ocasión será no Pazo de Vista Alegre, no concello de Vedra. Avisáronnos que o menú estará composto por entrantes (empada e caldo de cocido) e un cocido con carnes de Lalín e contorna (de porco, tenreira e polo), verduras e patacas. De sobremesa, os produtos tradicionais de Área Santiago: filloas, queixo (DOP Arzúa-Ulloa) con marmelo, orellas e melindres caseiros. O viño será o mencía Pazo de Galegos, da D.O.P. Rías Baixas-Subzona Ribeira do Ulla.

Tras a comida visitaremos o Pazo de Ribadulla, onde o guía nos falará tamén de outras construcións semellantes da zona (coma o Pazo de Oca), dos seus conxuntos históricos e artísticos e da Camelia (a flor de Galiza, tamén presente na Alameda compostelá).

#carboeiro #silleda

A post shared by Alberto Ribas (@alvientooo) on

E para rematar, visitaremos o Mosteiro de Carboeiro, en Silleda. As explicacións dos guías se centrarán no estilo románico, aquí existente, e nas posibilidades turísticas de potenciar as actividades fluviais: pesca, sendeiros e praias fluviais.

Alí estaremos e volo iremos contando…

Estándar