eventos, paparotas

Outra vez por Melide, esta vez de tapas

Convidáronme a formar parte dun xurado o xoves 22 de maio, xunto con Vera, Alberto e Frenchy. E como esa tarde de outono (si, en pleno mes de maio) non tiña nada mellor que facer dixen que si. A verdade que foi unha experiencia para lembrar, pois menuda noitiña nos deixou a metereoloxía. E se a iso lle sumamos que o acceso desde Lugo non é ningunha marabela… pois cheguei tarde xunta meus compis de ruta.

Quedamos na Docería Estilo, onde Alberto Rodríguez -como representante dos locais do casco vello de Melide– esperábanos para indicarnos o percorrido que faríamos e darnos o material (mapa co roteiro, listaxe de tapas e follas de puntuación). Aproveitando que estabamos alí xa probamos as súas navallas enlatadas, moi ricas a verdade.

Primeira tapa de #MelideVello Navallas enlatadas, produto local para comezar 😜 viría co pulpo!

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Ao ser unha vila do interior eu imaxinaba que moitos deles basearíanse na carne, en parte porque a tapa durante estas dúas semanas de concurso tiña un custe de 1 euro -consumición aparte- e no escandallo tiña que saír rentábel, ou iso querían conseguir os locais. Pero tamén é certo que, ademais de pasar o Camiño Francés, Melide é coñecida polos queixos e pola preparación do polbo. E así foi, tras ir probando varias tapas de carne chegamos ao Liñares, onde nos puxeron unha tapa de polbo guisado con ameixas e gambas (mágoa que non estivera feita no momento… aínda que grazas por avisar!!).

Máis #pulpofiction desta vez en #MelideVello no Liñares

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

A verdade é que o nivel medio estaba bastante ben, houbo algunha exquisitez pero tamén algún que non se preocupou. Os obxectivos diferentes de cada local aparecen reflectidos na proposta que ofreceron, e houbo quen se esforzou por competir e quen só quere facer caixa cos clientes que pasan. Hai que ter en conta que había premios e que cada consumidor/participante pedía unha bebida e unha tapa, ou sexa, 2 euros como mínimo para a caixa.

Delicias de boa viña con carne asada @chef_veraavola @luismaulloa77 @frenchygalicia #melidevello

A post shared by Alberto (@scribaid) on

Outra cousa que diferencian as tapas nalgunhas vilas de interior dos pinchos das cidades (téndese a mesturar termos) é o tamaño. En moitos casos vimos que nos servían un prato -de postre- para colocar unha cantidade importante de comida, co pequeno agravante que algún establecemento enchía ese fondo do prato cunha salsa. Noutra concurso me dixeran que como no día a día pola tapa non cobran, ao cobrar un euros víanse “forzados” a incrementar o tamaño para evitar a queixa dalgúns clientes.

No Nova Valente, de Melide: – Camarero, unha carrillera con ensalada! – Marchando! #melidevello

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Os que competiron de verdade déronse conta que dinamizar o consumo local era unha prioridade, sen rexeitar -nin moito menos- que se achegara xente de Compostela, Lugo, Ourense ou A Coruña. Así, sendo unha vila e tendo o boca a boca como principal medio de difusión, ademais das redes sociais e os medios tradicionais (prensa e radio), conseguiron un número moi alto de tapas vendidas a primeira semana de concurso. Iso si, había certos bares que concentraban ese éxito das 3.000 tapas e outros vían como a clientela pasaba de longo por diante da porta.

Como conclusión podemos dicir que Melide é un bo lugar para ir de tapeo, máis alá da organización desta ruta. Hai moitos locais, bos e variados. E está a menos dunha hora de Compostela ou de Lugo, as cidades máis cercanas onde o tapeo é un hábito social.

De Camiño a Sarria, unha paradiña para mercar algo "rico, rico" @manu_garea

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Tras pernoctar na zona (menuda noite facía para coller o auto!!!) e descansar, ao día seguinte non quixen deixar de visitar ao meu amigo Manuel Garea e mercar algo “rico, rico” de recordo para a familia.

Estándar
eventos, excursións

A Estrada tamén “pesca” no fenómeno dos bloggers

Non, non me refiro a min, senón ao fenómeno en si, a esta moda que -entre moitos- estamos a propagar pola blogosfera como se de lume polo monte se tratara. Que somos uns pesaos e uns charlatáns, como me dixo alguén o outro día? Si, pero pasámolo moi ben en actos como o da Festa do Salmón!

Preparadas as acreditacións de #bloggers para a @festadosalmon

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Non é o primeiro BlogTrip ao que vou, e agardo que tampouco sexa o último. Alá polo mes de febreiro xa tiven a sorte de ser chamado polos Xenerais da Ulla #moicercadeSantiago para coñecer e promover este ancestral entroido rural e máis a presentación dos Entroidos galegos de interese turístico (#GaliciaEntroido) baixo un diluvio universal na Praza do Obradoiro. Tamén fun a varias experiencias gastronómicas en restaurantes (Calderón e Casa Rosalía), ademais do #CocidoDay que eu mesmo axudei a organizar. Foi nestas dúas últimas semanas nas que a Festa do Salmón da Estrada xestou a organización dun encontro cos novos prescriptores de opinión. E nestas, que ás 11 da mañá estabamos na Porta do Sol estradense.

#pasóayer Making of de la foto oficial del encuentro #festadosalmon en @c_aestrada

A post shared by Jose Manuel Garcia (@jose_ma_garcia) on

Alí aparecimos Fidel Martín, Xosé Manuel García, Sandra Novo, Frenchy Ouviña, José Luis Oliveira, Rubén Amorín, Javier Mos e o que escrebe (si, o problema da cota femenina tamén chega ao #mundoblogger). Todos coñecidos das redes, e con nós o alcalde máis alto de España -nótase que xogou ao baloncesto- e xente do concello que nos ía guiar pola Ruta de Tapas do Salmón.

Despois de que Xosé Manuel lle gañara a Fidel para facer equipos (cousa que non lle serviu de nada, xa que levou aos peores! 😛 ) comezamos un percorrido pola vila. Estando tan preto de Compostela, A Estrada era un pouco descoñecida para min. Certo que pasei moitas veces, viñen de turismo rural a algunha parroquia (teñen 21 casas segundo Turgalicia) e até viñen comer o polbo un mércores á feira, pero nunca pensei en pasar un día nesta vila. De A Estrada hai que saber un par de datos: que é o 9º concello galego máis grande (282 km2), conta con 51 parroquias (o que máis) e o concello español con máis núcleos de poboación, ademáis de ser a terra de Ángel Miramontes.

Praza de Abastos #aestrada #festadosalmon

A post shared by Ruben Amorin (@nimataniengorda) on

Leváronos ata o emprazamento momentáneo da Praza de Abastos, xusto a carón das obras da nova. Alí comentáronos que A Estrada é dos poucos concellos galegos que teñen dous mercados semanais, os mércores e os sábados. De feito, un vendedor de peixe viña eses días desde Fisterra díxolles que co que vende n’A Estrada lle chegaría para vivir. Deambulamos un ratiño entre toallas, calzado e produtos da horta, e falamos de comercio e da produción de mazairas da bisbarra (exporta cara Asturias, Euskadi e Chantada). Logo separámonos en dous grupos -os equipos escollidos antes- para ir aos 22 locais da Ruta de Tapas que nos tiñan preparada.

Bar Os Peares Primera parada en Ruta de Tapas #festadosalmon Un local con más de 60 años de historia

A post shared by Ruben Amorin (@nimataniengorda) on

O grupo bo -é dicir, o de Fidel, Frenchy, Rubén e máis eu, guiados por Daniel- comezamos forte. A primeira parada foi en Os Peares, unha tasca de toda a vida (máis de 60 anos a contemplan) onde ninguén diría que se come ben. Terei que voltar, porque ademais da tapa de salmón avisáronme que facía unha paella e unha carne riquísimas.

E así foron caendo, un tras outro, durante catro horas. Unha boa paparota si, pero acabas cheo, pois con cada picho/tapa tomabamos unha birra (íamos a cortos, para non reventar). Non nos saltamos ningún local da ruta e hai que dicir que a calidade media é bastante alta, tendo algún sobresaínte. É o caso de ‘Tito’ Nixón, que leva aberto desde 1975 e é un dos pioneiros na cociña de salmón (e do cocido). Cocíñao de todos os xeitos: en tartar, en empanada, afumado ou salvaxe marinado con maracuxá… e todos moi ben preparados. http://instagram.com/p/n0RlxQE2k4/ Remataríamos xuntándonos os dous grupos no Arxentino’s Burguers (onde atopamos a Jorge Guitián e Anna Meyer, que pasaban por alí) probando a súa adaptación da Causa Limeña cun Pisco Sour. Ademais, as cervexas americanas e as sobremesas fixeron do remate da ruta un suplicio gastronomico-dixestivo delicioso.

Argentinos burguer nos hace ir por la causa, la Causa de salmón. Estupendo colofon de #festadosalmon A Estrada

A post shared by José Luis Oliveira Pereira (@josolivarela) on

A continuación vos deixo o resumo fotográfico da Ruta de Tapas de Salmón que fixo Frenchy e onde poderedes observar as delicias e marabillas de pequenos bocados que degustamos, incluidos os dous que puxeron unha tosta de pan de molde 😦

Pola tarde achegámonos á área recreativa de O Xirimbao, a carón do río Ulla. Alí, no couto de Couso (xunto co de Sinde e o de Ximonde) estábase a celebrar o 38º concurso Internacional de Pesca de Salmón. Era o mesmo lugar onde o dictador Francisco Franco viña facer que pescaba. http://instagram.com/p/n0k6xLE2mk/ Total, que se tes tempo e podes, achégate Á Estrada esta fin de semana, muy cerca de Santiago. Nos actos da festa hai actividades para nenos, batukadas, concertos, conferencias, exposicións, probas ciclistas (BTT)… e continúa a ruta de tapas.

Estamos en la Ruta de tapas de #festadosalmon Este año participan 22 locales con sus respectivas tapas

A post shared by Jose Manuel Garcia (@jose_ma_garcia) on

Velaí a listaxe de locais participantes, pero lembrade a quen lle toca este venres e este sábado, previo á Festa do Salmón do domingo: – Venres 16: La Bombilla, Nixon, O Café de Xulia e o Samaná. – Sábado 17: Arxentinos Burguer, Don Juan, Andalucía, A Vila e Oasis.

Estándar
excursións, restaurantes

Mar Viva, a peixería para mercar e comer

«Se fai bo mañá, imos!» E cadrou que o día amenceu estupendo estupendísimo, sen nubes nin ná. E efectivamente, ás 13 horas nos recolleron e piramos para a Costa da Morte. Corcubión -que estaba de pleno co concurso de tapas- era o destino, pero nós queríamos probar in situ a comida dun novo local do que nos chegaran moi boas referencias. Unha hora de camiño platicando e no dial posto a Radio Galega (si si, con Xosé Manuel García e o seu “Come e Fala“).

Mimá, q lonxe queda a @costa_da_morte pero q bonitiña é a ría de Corcu

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Baixamos do coche coas vistas de Carburos Metálicos de fronte: Dios mío, que fea é, que adefesio en plena ría… pero cantos cartiños deixa!!! Tras tomar unha birra e un pinchiño mentres facíamos algo de tempo, ás 14:30 -clavaos- estabamos entrando neste novo espazo gastronómico: a Peixería Mar Viva.

Esta peixería está ubicada nun edificio de marcado valor patrimonial no centro desta vila mariñeira, Corcubión. Na rehabilitación gastáronse un pastizal, pero alomenos queda algo útil, unha tenda de peixe especializada onde te poderán informar de cada especie: arte de pesca, tamaños medios, épocas de veda, procedencia e recomendacións para o seu consumo.

Prestos para probar a experiencia do Mar Viva. Iremos contando…

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Pero hai que comezar dicindo que se trata dun proxecto financiado pola Unión Europea a través dos Grupos de Acción Costeira que creou a Xunta de Galicia. Cando falamos de Mar Galaica, que así se chama o programa, estamos a falar de Turismo Mariñeiro, dunha oferta turística para gozar da cultura do mar. Eiquí pretenden que goces pesca, coñezas os segredos das xentes do mar, goces dos seus sabores do mar, e abofé que isto último o conseguiron.

Cheirando a frescura…

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

O primeiro que nos atopamos ao entrar foi unha peixería no seu máis amplo sentido. Un lugar húmido, cun mostrador alongado e con todo o xénero en exposición sobre xeo (os peixes ocupando a maior parte do espazo, e o marisco cara unha esquina). Detrás había un señor atendendo a outros visitantes e outro limpando o peixe na barra de detrás. Hai 2 posibilidades: levalo para a casa ou que cho preparen alí mesmo e o sirvan no comedor do primeiro andar. Cando nos atenderon, pedimos unhas centolas e un variado de peixes (quedounos magoa dos sanmartiños…) e subimos.

🙈 que sentola #mimadriñaquerida! Era unha, pero coma se fosen cen

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

A centola, que pesaba 1,5 kg #mimadriñaquerida, era coma se fosen dez. E estaba chea!!! Patas e cachos a moreas, moita chicha para rillar durante máis dun cuarto de hora. E como para acompañar tiñamos un Terras Gauda, que mellor que botalo no caparazón para tomalo cos corais… Ñam ñam, como gozamos, sobre todo eu, que fun un espabilao! 😉

Non sei se da terra o cordeiro, pero da mar o mero… a lubina e palometa. Bufff q rico estaba toda

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Hai un dito que di «De la mar el mero y de la tierra el cordero». Será certo, pero da mar é o mero, a palometa e a robaliza, polo menos. Exquisitos, preparación básica (á prancha) e vía. Nada de salsas nin aderezos. O peixe -como a carne- se é de 1ª calidade, non precisa de nada. E iso é unha das cousas que promove o carimbo Km 0 Margalaica ao que está adherido este estabelecemento. Con este distintivo garántese que os peixes e mariscos proceden das lonxas locais, que non sofren transportes excesivos (menos de 10 Km) e que foron capturados por veciños da contorna con métodos artesanais de pesca.

O dito, unha experiencia -que se está a poñer de moda nestes últimos anos- francamente recomendábel. O prezo… medio-medio/alto. Non nos pareceu excesivamente caro, a verdade: marisco e peixes, con pan, augas, sobremesas e cafés, e non chegamos a poñer 40 por barba. É curioso como na minuta especifican o peixe que sirven, o seu peso e a preparación aparte. Por exemplo:

Mero ao corte: 0,440 kg * 39 €/kg = 17,16 euros
(máis a elaboración, a 6 €/kg, supón un que hai que apoquinar 2,74 euros máis). Ou sexa, preto de 20 euros por unha boa porción. E así tamén cos outros dous.

Peixería Mar Viva
Praza Castelao, 15
E-15130 Corcubión, A Coruña
Teléfono: (+34) 981 706 453
Web: http://www.peixeriamarviva.com
Correo-e: info@peixeriamarviva.com

Horarios:
– de martes a xoves: de 10:00 a 18:00
– de venres a domingo: de 10:00 a 18:00 e de 20:00 a 24:00
– luns pechado

Estándar
paparotas, restaurantes

O primeiro cocido do ano… en #CocidoTrip

Que onde #ComerUnBuenCocido ? Pois en Lalín, berce das fastuosidades culinarias en canto a este prato se refire. Tanto é así que o primeiro grande gastrónomo que deron estas terras, Álvaro Cunqueiro, leva o nome do premio xornalístico que se celebra cada ano con motivo da Gala do Cocido. Pero é que en Lalín, terra de porcos (como Vilalba ou Sárria, pola cantidades de cabezas que teñen censadas), todo xira en torno a este animal, do que todo se come:

  • a Feira do Cocido, Festa de Interese Turístico Nacional (aspira a conseguir a declaración internacional en 2016), que este ano se celebra a súa 46ª edición o domingo 23.
  • o 16º Mes do Cocido, que antecede á Feira e no que participan 24 de restaurantes da vila.
  • a Gala do Cocido, retransmitida en directo pola TVG, e onde se fan entrega dos XX Premios de Gastronomía de Galicia, entre os que destaca o Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”.
  • e antes había o Lalín Pork Art.

Pero faltáballe algo, e o que faltaba era un BlogTrip, ou coma lle queiran chamar. Desde a iniciativa persoal, Xavier Presas logrou convocar a grande parte da comunidade virtual para xantar un #boCocido. E este ano o seu #CocidoTrip celebra a súa segunda edición.

Tras o exitazo manifesto do ano pasado (ver este ligazón), #CocidoTrip repite con novas incorporacións -coma a miña- e con vellos coñecidos. Eu o ano pasado estaba recén chegado de México, e non tiña nin constancia del, pero a coincidencia co organizador nun par de eventos este outono (o #SocialFoodIn do Restaurante Calderón e o #CazaRosalía) e con outra moi boa xente, abríronme as portas do apaixoante mundo blogger.

A verdade é que o espero con inquedanza, tras todos os comentarios que foi suscitando. A ver como se porta Diego López (do Restaurante La Molinera), se quere que o votemos a mellor cociñeiro galego do ano no concurso convocado polo Fórum Gastronómico de A Coruña. Dicir din que se come moi ben, que Diego lle da ese toque de frescura e de modernidade a un restaurante familiar; unha formación só obtida na compaña dos mellores.

Comprobareino con esta cuchipandi 2.0 (algúns, vellos coñecidos, como Alberto Ribas, Mariña Bello, Laura Camino o Frenchi Ouviña)  e contarémovolo, as redes serán as nosas testemuñas. 😉

Estándar