compras, eventos

Polas noites tamén se pode mercar

Seica se poñen dacordo ou que? Xúntanse as novas da mesma temática? van da man? Como cando un bosteza, que contaxia. Alomenos isto ocorreu cos últimos post que escribín. Que teño un pendente sobre o mundo do viño debido a gran cantidade de actividades se montan arredor? pois nos días seguintes coloco outro sobre a moda do viño e das catas! Que en Santiago o comercio repite experiencia co Estrea Estilo e os comercios volver saír fora dos seus recintos? Pois en Sarria lle cascan catro horas máis a unha xornada laboral e abren até as 12, a medio camiño de “Noite dos Museos” e cátering nas tendas.

Móvete por Sarria é un colectivo formado por comerciantes sarriáns (algúns) que promove as distintas actividades de ocio da vila. Pretende así que te enteres do que acontece na vila cando falemos de moda, tendencias, actividades culturais… O integran Calzados Gayoso, Lar de MenchuLebón DescansoMerceria SarilloMoncho ModaManuel EstilistasÓptica MalecónPulgui’sSenayo y Vilamey Complementos.

E para iso idearon a #NoitedoMovete, unha iniciativa que quixo dinamizar o comercio local fora de horario habitual, para que todos puideran saír mercar. E como lograr isto? pois abrindo as portas dos comercios 4 horas máis nun día laboral –o 16 de maio– véspera dun día feriado. E a iniciativa tivo éxito como se pode ver nas imaxes.

Algo pasa esta noite en Sárria. Colas para mercar nos comercios adscritos á "Móvete por Sarria na noite aberta"

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Pero non só era ir mercar zapatos, complementos ou algunha prende, senón que había descontos especiais. Como poñía o cartel anunciador “Venres 16 de maior 16% de desconto”. E abofé que funcionou. Alfombras vermellas, maxia en vivo, pinchos, cava, refrescos, chuches para nenos (…e maiores) e sorteos varios foron algunhas outras accións específicas que aportaron un plus á experiencia de mercar á tardiña. Ademais, como a noite acompañou, o ambiente prolongouse e fixo que o movemento de xente fose contínuo e as terrazas dos bares tivesen xente máis alá da hora habitual.

Parabéns aos organizadores, pequenos empresarios que ademais do beneficio (claro!) buscan tamén dinamizar a vila: móvense por nós. Agardamos máis iniciativas deste tipo, pois o comercio precisa de movemento, de ideas novas, e Sárria é un bo lugar! Cabeceira comarcal, sempre foi unha vila moi dinámica -comercialmente falando- e centralizou moitos intercambios. Ser sede de 3 importantes feiras cada mes e cabeceira de Partido Xudicial tamén axudou.

Estándar
eventos, restaurantes

#CocidoDay en Sarria

Tras dous meses de intenso traballo o 15-M tocaba disfrutar, se é que fora posíbel. A verdade, a andaina comezada a mediados de decembro polos catro tolos das RR.SS. (Laura Camino, Frenchy Ouviña, Alberto Ribas e un menda lerenda) para montar este tinglao do Día Internacional do Cocido tiña que dar os seus froitos. Un friki da informática (Frenchy), unha xornalista hipercompetente (Laura), un gran relaccións públicas (Alberto) e eu formábamos un bo equipo. E abofé que o conseguimos.

#xenteriquiña preparándose para o #CocidoDay eiquí anótase todo Dios…

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Tivemos ánimos desde todos os lados, e entrevistas na radio (eu creo que telefonicamente puiden atender 10 chamadas nunha semana, que para non estar acostumado, chégalle de carallo”). Pero eu viñen eiquí a falar do meu libro.

A min “tocoume” -a verdade é que quixen facelo- en Sárria, co difícil que era convencer a un restaurante de semellante cousa e mover a persoal ata a cabeceira do porco celta e vila xacobea por excelencia. Grazas ao colíder, Manuel Valcárcel, logramos pechar con tempo o restaurante: o Albergue-Rural A Casa de Carmen, en Barbadelo. Un café con Pedro Quintana e tivemos o si en menos de 10 minutos, contados.

Coa sumiller Mercedes González esperando no #CocidoDay cun Estrela @doribeirasacra e mollándose poli río

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Coordinadamente entre os 22 restaurantes participantes no #CocidoDay a hora de comezo eran as 15 horas, aínda que por cuestións de última hora houbo sitios que comezaron ás 14:30. Nesta mesa algúns quixemos ir andando, pois para subir ata Barbadelo había que facer o Camiño Francés (o que lle viña moi ben ao discurso deste hot point), un treito duns 4 Km con costas pronunciadas. Quedei coa sumiller Mercedes González no Malecón, tomando un viño e escoitando os problemas do Plan de Encanamento que quere facer o alcalde. E cando chegaron Carmen José e Manuel comezamos a camiñada.

Los zocos de Elena Ferro fixeron o Camiño desde Sarria ata Barbadelo para asistir ao #CocidoDay

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Mercedes veu totalmente equipada, coas botas -último modelo- da artesán do Deza Elena Ferro (moi fashion pero preocupada polo viño que nos ía poñer Pedro). E entre risas e contos, e algún chiste dos meus, dos bos, dos que teño reservados para estas ocasións, se nos fixo o camiño máis levadeiro. Para quen non o saiba, desde a estatua do Peregrino de María Carretero que preside o Maleón hai que subir as escalinatas que levan á Rúa Maior e continuar até o Convento dos Mercedarios. Desde alí hai que baixar a carón do cemiterio cara a ponte de Áspera e ir paralelo ao camiño de ferro. Tras cruzar un regato ven a a gran costa arriba (non chega a medio quilómetro) entre soutos frondosísimos e preciosísimos. Logo xa ven un falso chan, que segue picando cara arriba, pasando Vilei,o cruce á igrexa románica de Barbadelo e o albergue público.

Chegamos ben, pero sedentos e con fame, todo hai que dicilo. Ademais tiñamos unha sorpresa (pero queríamos confirmala con Pedro): de “camiño” atopamos dous peregrinos madrileños e os convidamos a que se unisen á celebración.

No @camino_xacobeo desde Sarria atopamos a 2 peregrinos madrileños e convidámolos á mesa do #cocidoday

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

No comedor xa estaba todo o mundo: o meu amigo Iago Rodríguez (multimedia), o xornalista Penoucos (de La Voz de Galicia), a pontevedresa Noela Otero, os seis camiñantes (catro que viñamos desde Sarria e os dous peregrinos que recollimos) e máis o anfitrión, Pedro X. Quintana. O primeiro que vimos foi o auga, para calmar a sede, e o viño que nos ía acompañar durante todo o banquete, un Guímaro como Dios manda (a ver esa competencia de Chantada e Valdeorras, eh!).

Tras ver a inauguración en YouTube -un vídeo que colgou o pregoneiro Xosé Manuel García– Para comezar tiñamos uns entrantes de salchichón e chourizo de porco celta francamente deliciosos.

Embutidos con Guímaro no #cocidoday da Casa de Carmen de #Sarria no @camino_xacobeo

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Entre medias intentamos facer unha multiconferencia cos dispositivos móbeis e táblets existentes nas mesas participantes. Minutos adéronnos a probar a sopa de cocido, potente si, pero repetín, non fora ser…

E agora unha sopiña #cocidoday e @xrpenoucos sacando exclusivas xornalísticas

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Pero non ía ser todo comer, e tamén falamos. Descubrimos a facilidade de palabra de Penoucos (palense de pro), a paixón polo emprendemento de Carmen (futura presidenta do movemento AJE en Galiza), o coñecemento do viño de Mercedes, a amizade de Pedro cos peregrinos (que xa se coñecían!!!) e moita “tensión sexual” no ambiente.

A Secretaria Xeral de @AJELugo e amiga gozando do #cocidoday con Guímaro na Casa de Carmen

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

E chegou o momento desexado, tanto no gastronómico como no friki. Coa aparición do cocido a todas as mesas, os comensais (máis de 170 en total) puxéronse a subir fotos nas redes sociais, a tuitear e a retuitear, que contra as catro da tarde conseguiríamos ser Trendic Topic coa etiqueta #CocidoDay.

Este pantallazo me mola mucho mucho 🙂 #CocidoDay TT #MomentosFelices

A post shared by Frenchy (@frenchygalicia) on

Exitazo total!!! Máis de 6 millóns de impactos e as televisións e radios narrando o evento nos informativos do mediodía do sábado (grazas Juan José Ribagorda por eses 15 segundos de gloria: uns 2 millóns de espectadores, casi ná!!). Tal foi así que o meu cocido, o do meu prato, ficou durante uns minutos no esquecemento. Pero fricalladas a parte, volvín a hincar o dente ao manxar do prato (como para non facelo). O cocido de porco celta foi un auténtico descubrimento, sobre todo após de escoitar como o propio Pedro os cría todos os días.

10 days after, recalling #CocidoDay @cocidoday #cocidaco #ñamñam

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Para falar das sobremesas tería que deixarlle un parágrafo enteiro a Penoucos. Que saque! #miñanaiqueridiña non sei cantas cañas ou freixós paparía, pero uns cantos. Eu estaba a tope, pero unha de cada caeu, para non quedar mal :-P.

Imos coa sobremesa do #cocidoday na Casa de Carmen no Camiño Francés

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Por último, quixera agradecer a Carmen (dona e cociñeira), Pedro (artista) e ao fillo toda a atención e o cariño que lle puxeron á organización deste evento. A Casa de Carmen está aberta todo o ano, como albergue e como casa de comidas, así que se tes a oportunidade de vir, non o dubides.

Xose Pedro, Carmen e Pedro Xose os culpábeis do exitazo do #cocidoday en A Casa de Carmen

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Na despedida, Pedro amosounos a propiedade. Primerio o albergue -privado- con máis de 20 camas en literas, a terraza de verán e para rematar unha vistas ao val, cos cabalos achegándose á nosa visita.

Hora cabalar despois do #cocidoday no @camino_xacobeo

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Os catro armadanzas xuntámonos o venres 21 para celebrar o exitazo, e tamén poder despedir a Laura, que tras varios meses no paro vía como esta e outras iniciativas que tivo (o Reportuiteo e The Net Room) tiveron os seus froitos. Segundo nos contou, o luns seguinte do #CocidoDay recibiu unha chamada dun coñecido de Barcelona ofrecéndolle ir traballar para alá. Non o dubidou. Parabéns aos Zync Social pola visión que tiveron… 😦

Happy happy! Os #CocidoDay a piques de chorar polos éxitos @lauracamino @alvientooo @frenchygalicia

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

 

Estándar
tradicións

Tentando á sorte

Comezamos o ano na Sociedad La Unión, de Sárria. Na imaxe están uns amigos cubrindo os cartóns dos míticos rellenos co sacabolas de fondo. Trátase dunha especie de “bingo” que se celebra por estas datas nalgunhas sociedades que todavía existen espalladas por algunhas vilas e cidades de Galiza (é o caso do Círculo de las Artes de Lugo).

Día de Aninovo: xente de resaka, sobremesas da comida do día 1, rúas baleiras, viaxes vacacionais… pero para algúns foi unha noite máis e pola tardiña nos animamos a tentar á sorte. Non tocou nadita. ;-(

Estándar