Enteréime do Calderón Social Food In porque en setembro varios amigos coincidiron (Mariña Bello, Manolo Gago, Alberto Ribas ou Paz Vázquez) nunha actividade gastronómica que non me sonaba. Era a terceira vez que se facía e cando falei con Paz que tal estivera me dixo se quería ir o seguinte mes, que tiña que convidar a alguén. Pasoume o testigo e desde o Restaurante Calderón se puxeron en contacto conmigo para o martes 22 de outubro pasase polo trance. Grazas, Paz!
O #SocialFoodIn é unha boa idea que planificou o Restaurante Calderón da compostelá Carreira do Conde para conseguir ampliar o seu perfil de cliente, xa avellentado co paso dos anos. Esta e outras promocións, como a colaboración co Blu:Sens Monbús Obradoiro a campaña pasada cun concurso de tiro para conseguir unha cea, son pequenas accións que permiten a Siro González abrirse a todo o púbilo. E nestas, xa estaba montado no coche para ir cara aló.
A verdade é que a noite non acompañaba nadiña. Chovían chuzos, e cando é así, Compostela atáscase sen remedio. Somos veciños cómodos que á minima gota imos ao fácil (coa cantidade de transporte urbano que hai…). O bo é que a min deixáronme diante da porta, o malo era se tiñas que aparcar. A hora marcada para chegar eran ás 21 horas e eu -puntual coma sempre- entrei como se fora cliente de toda a vida e dirixinme cara a barra do fondo porque había un grupiño de xente. De seguido identifiquei a unha das asistentes (Emilia García) e así facilitei a miña inclusión no grupo. Xa estaban degustando un aperitivo: xenebra con tónica ginger e cardamomo.
Ana Castro e David Salgueiro (os rapaces de Galantiqua) facían de anfitrións e xa me puxeron unha copa na man, mentres esperábamos aos que faltaban. Por alí xa andaba Xaime Cortizo, Patxi Movilla e Xavi Presas e mentres facíamos tempo tempo comezaban a aparecer as primeiras tapillas para degustar: queixo bañado en albahaca e unha especie de gabardinas. Era a hora de sacar as nosas mellores armas, os celulares e cámaras fotográficas e comezar a subir info ás redes sociais.
E chegaron Adriana Castro e Gelines Romero pingando, e seguían achegándonos máis pinchos. Agora era a quenda do lacongrelos. Pero ían pasando os minutos e faltaba xente, co conseguinte incomodo do persoal. A verdade é que esperar á xente que logo non aparece, e nin avisa, molesta. Eu a considero unha falta de respeto que non merecíamos, nin nós nin ninguén (joder! que te convidaron by the face, neno!).
Pero ben, tras o “momento quente” da noite decidimos ir subindo ao comedor para sentarmos a gozar das delicias gastronómicas que o chef nos tiña preparadas. Javi -o camareiro- acompañóunos até un reservado no primeiro andar. No Calderón hai cinco reservados (ademáis dunha terraza interior e un comedor na pranta baixa)e algún ten capacidade para máis de 20 pax. A nós tocóunos o Béla Bartók, na honra dun coñecido compositor húngaro. Ao final, visto que os 3 que faltaban non ían chegar, Ana e David optaron por acompañarnos na cea.
Fomos pasando e sen orde fómonos sentando, pero nun momento Ana Castro dixo “!no, no, no! Nada de sentarse los chicos con los chicos y las chicas“. Tiña razón! E así alternamos como unha cremalleira (chico-chica-chico-chica). Coas “armas” preparadas, tamén tiñamos listas as tarxetas para eses momentos #networking sempre necesarios.
O menú que nos serviron, exquisito (de veras, non é broma!), estaba composto por:
– Crema de níscalos
– Pescada confitada con mouse de ajo y xerme de ravo
– Croca con queixo afumado e migas de pastor con chourizo
O que pretenden desde o Restaurante Calderón é socializar a cociña de autor e dignificar o menú do día, expresión incorrecta para esta auténtica “experiencia gastronómica”. E abofé que o deberían conseguir, pois ter a oportunidade de probar unha proposta semellante de luns a venres (os pratos varían en función dos produtos do Mercado) está ao alcance de moitos bolsillos: só custa 15 € pola semana (iso si, sen bebida).
Xuntar a bloggers -a priori descoñecidos entre si- quere ser un xeito de difundir esta proposta a través das 2.0, chegar a un target que está máis familiarizado coas novas tecnoloxías e quitarse un pouco a imaxe clasicota que tiña este local. E que non se coñezan é un estímulo para intercambiar experiencias de todo tipo (persoais ou empresariais), ter momentos de intercambio de información (e contactos) e crear redes de colaboración. E de feito así foi.
Entre pratos, sobremesa (riquísimo Cremoso de chocolate Valrhona con salsa de almendra) e cafés foron xurdindo conversas interesante:
– Coñecimos que Xaime Cortizo é un fotógrafo creativo que lle gusta a música clásica e explicounos que no verán estivo na organización do festival As notas do pemento.
– A Gelines Romero, por exemplo, gústalle ler, viaxar, o ximnasio e a esgrima; profesionalmente está en AJE Coruña e é socia de Más Valor, empresa coa que organiza o vindeiro venres 8 de novembro Feelingbrands, a 1ª Conferencia Internacional da experiencia do cliente.
– Tamén soupemos que Xavi Presas está metido a fondo no mundo dos social media e que este ano argallara o exitoso encontro @CocidoTrip.
– Ana Castro é tasadora de arte e nos contou a problemática da Colección da Fundación Caixanova para seren considerada BIC.
– Que David Salgueiro fora xogador de balonmán no histórico Teucro pontevedrés, e agora mata o gusanillo do deporte como cámara no “En Xogo” (coa Liga das cidades) da galega, entre outras actividades.
– Patxi Movilla veu nove desde Euskadi e agora ven de abrir unha tenda delicatessen na zona vella de Santiago. Gústalle ser o tendeiro da GastrotecaSCQ, onde atoparás moitos viños, conservas e produtos galegos de primeira calidade.
– A burelana Emilia García contounos que leva moitos anos vivindo en Compostela dedicados ao Arquivo da Emigración Galega, departamente que pertence ao Consello da Cultura Galega.
– E de Adriana Castro, que está na Universidade de Santiago de Compostela, no Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial que dirixe Wenceslao González Manteiga; quen me trouxo un vello recordo á cabeza.
Para cando nos deron a proba das Berenguelas de Compostela –uns bombóns sabororos cun packaging a imaxe e xemellanza do iPhone- o chef sentouse canda nós e conversou de todo: da experiencia, do porque, da crise, doutras iniciativas, dos bombóns… e así, entre gintonics, nos deron as 2 da mañá!
E como diría un porco moi querido: “isto é tototototóooooodo amigos!”
+ post:
– Blogue de Xaime Cortizo (moi boa a reportaxe fotográfica!)