Me llena de orgullo y satisfacción haber cazado al cazador voraz de imágenes chulas… 🙂

Primicia @alvientooo cazado! No #mercoecociño d @santiagoturismo e @HELLOCOOKINGSAR

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

Co gallo do GastroXmas que organiza Santiago Turismo nestas datas -unha actualización do “Merco e cociño” que fixera anos atrás- tiven a ocasión de captar esta instantánea na visita á Praza de Abastos de Compostela.

Anuncios
fotoxornalismo

@Alvientooo cazado in fraganti

Imagen

Que o pulpo está mellor no interior é algo que todo o mundo o sabe, e ademais, hai unha explicación histórica. Antigamente na costa non se comía e os frailes de Oseira, que tiñan dominios que chegaban até o mar,  cobraban os seus tributos en pulbo seco, xa no s. XIII. E foi precisamente na parroquia de Arcos (O Carballiño) onde se comezou elaborar do xeito que agora coñecemos.

Pois si, unha das tradicións máis antigas de Galiza -cefalopodamente falando- é a das pulpeiras ocupando as esquinas das rúas de Ourense polas mañás (e até mediodía) dos domingos. Meu pai, ourensán de mocidade comentábame quesó lembraba unhas poucas (claro, no barrio do Couto…). Unha tía tamén me dixo que moita non xente cociñaba este día e que mercaba o polbo e unha empanada. Cuestión de tradicións!

“En los años sesenta sólo había tres pulpeiras en todo Orense”

Hoxendía, hai máis de 100 por toda a cidade, segundo me comentaba Emilio Cuíñas nas respostas á foto do Instagram. E case case que se podía cartografar… Non sei a que espera La Región para facer unha reportaxe (ao mellor falo de máis e xa se fixo :-p ).

restaurantes, tradicións

pulpo por todas as esquinas

Imagen

Preparando as festas, e coa tradición dos mercadillos de Nadal que tantos cartos moven, A Cantina da Curticoría celebra hoxe e mañá o seu primeiro Christmas Market. A tradición dos mercados de Nadal ven de Alemaña onde se veñen celebrando desde o s. XIX. Alí, no Adviento, enchen as rúas de casetas de madeira moi ben decoradas e cheas de doces e artigos de artesanía para facer agasallos en Nadal.

Este novo espazo gastronómico do Ensanche compostelá ofrece nesta ocasión un sinfín de posibilidades para os agasallos destas datas que se aproximan. Hoxe e mañá, desde as 12 do mediodía e até as 21 horas, poderás visitar os múltiples postos que están no soto. Como adianto, unha imaxe do muestrario de cupcakes, galletas e piruletas de Berta Castro, que asistiu encantada tras recibir o convite, a pesar da premura de tempo.

NOTA: a foto lla pedín a súa irmá, a investigadora Belén Castro

compras, eventos

Mercadelo de Nadal en Compostela

Imagen

Eran outros tempos, pero a quen se lle ocorreu o deseño desta pequena obra de arte (a Mariano Fernández Rangel en 1916) o tiña moi claro: poder ligar a distancia, poder dicirlle ao querido/-a cousas bonitas, sen tocamentos, pero tamén sen sospeitas (ou é ao revés? escoitar aos namorados que se sentaban alí sen saber que serían escoitados). Trátase dun banco de pedra semicircular, construído de forma que o son se transmite de lado a lado a través dun eco singular.

A foto, realizada co gallo dunha proba que nos mandou facer Fernando Gallardo no seminario itinerante de innovación de hosteleira #Hotel2020, enfoca malamente os dous extremos do banco. Estáballe a explicar a dous turistas o que pasaba. Ficaron sorprendidos, claro!

lugares

O banco acústico da Alameda compostelá

Imagen

Durante este mes de Novembro o Centro Socio Cultural de As Fontiñas alberga unha exposición digna de ser visitada por todos os composteláns, os vellos e os novos. É a historia do cine en Compostela; un percorrido polos seus cines e salas (hoxendía case todas pechadas); poderás ver que filmes se rodaron aquí, coa Film Comission e antes; e moitas curiosidades.

Feita con moita información pero con poucos recursos, son unha ducia de paneis de cartón-pluma nas que hai texto e imaxes, fotografías ou un mapa da localización de todos os cines que houbo na cidades. Déixovós eiquí a relación de 16 salas que emitiron nalgún momento, das que só lembro o cine Avenida (non cheguei a ir), o cine Yago (hoxe abandonado por disputas na súa venta), o cine Capitol (reconvertido na mellor sala de concertos de Galiza), os cines Compostela, os cines de Área Central (grazas, As Cancelas!) e os cines Valle-Inclán.

eventos

Os cines de Compostela

Imagen
11 final

Os bloggers posando

Esta é a equipa que rematou o primeiro match das XV Xornadas de Caza no Hotel Casa Rosalía. A alineación estaba composta -de esquerda a dereita- por  Javier Román (@CasaRosalia), Laura Camino (@lauracamino2_0), Rocío Garrido (@RocioCocinaAbue), Frenchy Ouviña (@FrenchyGalicia), José Manuel García (@Jose_Ma_Garcia), Mariña Bello (@Teetravel), Fidel Martín (@fidelmartin), Luis Ulloa (@luismaulloa77), Xavi Presas (@xavi_life), Alberto Seoane (@scribaid), e apadrinando -cual Ana Obregón- o incomparábel Alberto Ribas (@alvientooo). Tamén xogaron Carlos García-Conde (@carlosgconde) e Iago Rodríguez (@iagozerozero). Foi baixa de última hora Carmen Albo (@guisandomela).

fotopaparotas, restaurantes

#CazaRosalia o primeiro once da caza

Imagen

Non luce todo o que é, pero aínda así, esta foto luce mogollón. A terraza do hotel Costa Vella é un dos rincóns máis chulos da cidade compostelá. Moi demandada por veciños e turistas, os días de sol non é doado atopar sitio.

#terraceando no Costa Vella @fosribas

A post shared by Luis Ulloa (@luismaulloa77) on

E non precisan facer nada especial, pois os cafés e resto das consumicións son do máis normal. Pero o espazo, o ambiente, a luminosidade, o silenzo nos transportan a un lugar moi, moi lonxano. Un lugar no que se respira tranquilidade, dentro do mundanal ruído, ás veces insoportábel.

lugares

A terraza do Costa Vella

Imagen